POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

11 de abr. de 2012

Que ben que chova


Aquí tamén pasa como nalgunha peli americana, que un día comeza a chover, e xa non para. Ou parece que non vai parar nunca. Certo, xa non é o que era. Incluso levabamos meses pedindo auga este ano. E comezaba a ser trending topic ou como se diga nos tuiteres, e tema de profundos debates radiofónicos. Aínda non chegaramos a buscar solucións tipo paseo de icona relixiosa ou baile nativo americano colectivo. 

E entón chegou a choiva. 

E temos uns fermosos días pasados por auga, propios de seu para facer cousas na casa. Revisar as billas, remover o fondo de armario, ler un libro, un dos que lle queremos botar o dente cada día cando lle vemos o lombo, ver unha peli todos xuntiños baixo da mantiña, vaites!, xa o estou imaxinando...

Pois aquí tendes unha outra proposta para xogar coas pequenas e cos pequenos. ¿Préstanvos os concursos de preguntas? Tipo Trivial. Probade este
e xa nos contaredes. Por niveis, dende 1º de primaria ate bacharelato, multixogador e con diferentes variantes de xogo.
Algúns xa probamos, incluso non aprobamos.... e non foi a mantenta. Pero botamos unhas boas risas. Imos ter que repasar.

1 comentario:

  1. Pois probaremos o xogo.. si, que hoxe pese a todo, e a estares en Agosto, parece un dia de Novembre total..

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan