POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

29 de out. de 2012

Cando unha porta se pecha....


Case que sempre se abre outra, cando non varias.

O acordo que se tomou nun dos Consellos Escolares do curso pasado, co noso parecer a prol, con matices, de abrir unha porta na traseira da instalación do comedor, para facilitar o acceso e a recollida dos usuarios ás instalacións tomou forma nestes días.

Supoñemos que máis dun se decataría da obra, que se desenvolveu sen atrancos e rematou nun par de días, pintura aparte. E sen ser a Porta do Rei nos eidos da baía do Carme de Patagones, tampouco quedou mal.



Igual lle falta un letreiro que poña Entrada Comedor, que non ten porque ser en latín, va que sí? E a rampla, manifestamente mellorable. Pero xa é algo, que nos outros accesos....

Pois a partir do martes 6 de novembro de 2012, nenos e nenas, nais e pais, avós e avoas e canto ser humano teña autorización para levar e recoller aos primeiros, deberán entrar e saír por ela. O resto das operacións de transvase seguiranse facendo como ate agora. Como dis?. Pois que se vas levar á nena pola maña terás que seguir chamando ao automático do portalón azul para entrar no recinto do colexio, pero usarás esta porta para deixala nas boas e sabias mans de Eva & Cia. E cando volvas por ela a partir das 15:45 hs, pois o mesmo pero ao revés.
Iso si, nenos e nenas, tanto de maña para ir a xantar, como de tarde se van ás actividades seguirán empregando os mesmos accesos polos corredores do pavillón e a porta laranxa.

Por se non a temos aínda localizada, pois está despois desta esquina, corner en inglés, que estamos moi plurilingüistas ultimamente.




Non recomendamos tirar polo terraplén de herba. Hai unha antiga calzada carreromana que bordea o perímetro do pavillón e vai dar directamente á porta, atravesando antes por diante do caseto do propano. Non sabías que era? Pois xa sabes. Tamén portería de fútbol 27 improvisada en ocasións.

Pensamos que este novo acceso, que dende o interior tamén se constitúe en porta de seguridade con barra batente, vai contribuír tanto a isto, aumentar a seguridade, como a facilitar o proceso de entradas e saídas, evitando as aglomeracións nos corredores pola coincidencia coa distribución para as actividades.

5 comentarios:

  1. Bueno como vos dicides, podia ser mellorable, pero tamen podia ser peor, asi que non vamos a queixarnos, todo sea pola seguridad e comodidad dos rapaces e dos que traballan con eles todo o día que tamen hai que pensar neso..

    ResponderEliminar
  2. Buenas:

    El acceso es muy incómodo ahora, apenas caben los cárritos de bebes y hay que bajar al cesped ya que con la rampa en mitad de la acera muchos no pasan. Si hay gente que vien y otra que va no caben y hay que circular por el cesped. Cuando llueva va a ser muy incómodo y no va a facilitar nada la recógida de los niños. ¿Se podría volver al acceso que ha habido hasta ahora?

    ResponderEliminar
  3. Hoy he cruzado mi primera travesía por un camino tortuoso para recoger a mi hija al comedor. El carrito de bebé y yo no pasamos por ese estrecho margen de acera sin pisar el barro, (y eso que hoy no llovía. Al encontrarme con otros padres de frente, tenían que bajar ellos al cesped o yo para poder pasar. Este nuevo acceso no agiliza la recogida de los niños, al contrario, empeora la situación mucho. ¿Se podría volver al acceso anterior que era mucho más cómodo para niños y padres o buscar otra solución?. Gracias por atenderme.

    ResponderEliminar
  4. Xa decíamos que é manifestamente millorable. Hai un proxecto presupostado para facer unha beirarrúa ate a parede, e unha rampa de acceso directa dende o portalón, pero non ten datas definidas aínda. Cando soubemos del solicitamos tamén a instalación dunha visera por enriba da porta, que de cobertura aos que agardan.
    Recollemos os vosos comentarios e teremolos seriamente en consideración. Pero claro non é unha decisión exclusivamente nosa. A apertura desta porta coa idea de ter unha saida vinculada ao plan de evacuación pero tamén para darlle unha volta aos accesos ao comedor, foi algo aprobado no Consello Escolar. Ese órgano de participación onde agora temos que elexir representantes de nais e pais. E aínda que non teña que pasar de novo por el para cambiar as cousas si que teremos que falalo no seu caso coa dirección do centro.
    Saúdos,
    XD

    ResponderEliminar
  5. Deberíamos tener en cuenta también, que los niños se quejan de que tienen frío porque se les está abriendo constantemente la puerta ... la verdad es que estoy con el resto de opiniones, no tiene mucho sentido y estaba mucho mejor el acceso antes. En temas de evacuación está bien, pero si ese es el objetivo puedo deciros que es demasiado estrecha para evacuación ya que no es mucho más ancha que una puerta del interior de una casa seguro que mirando las Normativas de evacuación de edificios públicos y considerando la cantidad de niños que se juntan en el interior del recinto a esas horas no creo que cumpla la certificación .... el día que haya un problema nos echaremos todos las manos a la cabeza, es una cosa muy seria y que están en juego la seguridad de nuestros hijos

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan