ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
Xa sabedes que temos 4 candidatos para ocupar os 3 postos como representantes no Consello Escolar, na votación que terá lugar o luns 26, de 17 a 20 hs no Pavillón Administrativo.
A directiva da Anpa convocounos aos catro a unha xuntanza informal, na que tamén estiveron o actual único representante de nais e pais no Consello, Arturo, e a nosa representante nos últimos celebrados, Beatriz.
Unha das candidatas, como tipicamente nos pasa a calquera de nós pola nosa condición de nais e pais, non puido asistir e así nolo fixo saber previamente. Cos outros tres, xunto con algún membro máis da XD estivemos de cháchara algo máis dunha hora. Resulta certamente sorprendente que dos catro, tres sexan socios da Anpa. Quizais teña que ver cos chamamentos reiterados, insistentes e ultimamente agoniantes cronometrados que fixemos para promover a participación. Mellor sería que houbera 10 ou 15 en total, entre outras cousas porque o resto dos tres electos, quedarían como suplentes para baixas, con tal de ter algún voto. Pero aínda tendo tres deles a condición de socios, non son candidatos da Anpa. Nin era esa a nosa intención, nin procedimentalmente é posible. As candidaturas son unipersoais.
De que falamos alí? Pois do tempo, de fútbol, da prima esa de Vicente,... vale, seriously, de como funciona o Consello, do procedemento de elección, de que cousas se poderían levar ou propoñer, de como se debería ou se se debería difundir información sobre o que se acorda nas reunións, de educación e de ensino, e un lote de cousas máis. A pretensión da xuntanza non era outra que se puideran coñecer entre eles, tomar contacto cos que xa están e intercambiar informacións sobre o que fora mester. Se foi efectiva, eles volo dirán. Para nós foi positiva. Gozamos por defecto de nais e pais que deciden involucrarse no que andamos a chamar Comunidade Educativa. Tanto que lles pensamos votar aos catro. A quen votedes vos é cousa vosa, pero ídelles votar. De paso ou a propósito. Que non se diga dos venideros, nin dos nativos que non sabemos o que queremos.
Estes son os candidatos:
- María José Barrientos Varela
- Eva María Rivas Viña
- Ruben Rodríguez Castaño
- Mario Sánchez Pérez
Parabéns aos catro.
Agardamos poder dar tamén os parabéns aos 1560 despois do día 26.
A ver que facedes, votantes!
Saúdos
XD
Ola a todas,
ResponderEliminaro segundo apelido do terceiro candidato publicoúse mal inicialmente no blog. Tamén está mal na circular en papel. Erro exclusivo do secretario.
O correcto é: RUBÉN RODRÍGUEZ CASTAÑO
Un saúdo,
O secretario.
Bueno Secretario.. quedas perdoado do error..
ResponderEliminar