POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

9 de xuño de 2013

FESTA RACHADA

Capitán, fin de curso á vista!

A estas alturas da navegación do 12-13, despois de esquivar algún que outro iceberg no colectivo, pensando no novo paquebote normativo que posiblemente imos estrear para o próximo e pendentes de completar a tripulación na ponte, chega o momento de pensar en celebrar. Primeiro a Xornada do 15 e logo

VENRES 21 DE XUÑO de 2013

As nenas e nenos usuarias/os dos servizos de conciliación, poderán pasar unha tarde de diversión e entretemento como acto de despedida de curso.

Este é o programa de actividades. Nel indícase tamén cal é o procedemento de inscrición e como pensamos que sería mellor a participación para nais e pais.

Grumete, vento en popa a toda vela!
A diversión nos agarda.

(E agardemos que para ese mesmo día chegue dunha vez o verán)

Saúdos,
XD

1 comentario:

  1. Participaremos dende logo.. O do sabado resultanos imposible, por ter xa compromisos (lease comunions,cumpleanos) pero a do venres non faltaremos, hoxe mesmo realizamos a inscripcion..

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan