POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

26 de ago. de 2013

RECORDATORIO

Lembramos que o prazo para a inscrición inicial como socios para o curso 13/14, remata o 31 de agosto. O súper caixón de correo estará no departamento de educación (rúa Ría de Noia) ate o xoves 29 para recoller a documentación en papel e depositala.

O luns 2 de setembro celebraremos a reunión da XD para a admisión oficial de socios e usuarios. A continuación faremos publica a lista provisional de admitidos, pendentes e non admitidos como usuarios. Antes do 11 de setembro, farémoslle chegar á dirección do centro e ao departamento de educación do Concello a lista definitiva de admitidos para o inicio do curso escolar.

O día 3, as 17:30 hs, no auditorio do CCC, terá lugar o acto de presentación do novo curso para a Asociación. Imos falar primeiro brevemente de como se presenta o curso para a Anpa, e facer dúas propostas concretas de acción inmediatas. Logo explicaremos sumariamente como esta previsto que funcionen os servizos, e as novidades nas que estamos traballando. Especificamente do RRI de aplicación en todos eles. E esperamos poder adicar a maior parte do tempo a aclarar dúbidas, contestar preguntas e recoller peticións e ideas. Finalmente procederemos ao reparto inicial de carnés de socio.

Agardámosvos.
Unha aperta.

XD.


8 comentarios:

  1. Boas tardes.
    Os que xa somos socios e temos a fianza o dia,temos que facer algo?????

    ResponderEliminar
  2. Xa fixen un comentario anterior pero non o vexo reflejado,asi que o repito.Si vai duplicado perdoade.
    Os que xa somos socios e temos a fianza pagada temos que facer algo?
    Grazas

    ResponderEliminar
  3. Ola Elena.
    Todos os comentarios son moderados. Non se publican automáticamente.
    A condiccion de socio temos que renovala todas cada curso. Pagar as cotas correspondentes e cumprir e facer chegar á Asociación as fichas de inscrición correspondentes. Ídem para os usuarios.
    Tes toda a información pertinente aquí mesmo, na columna da dereita.
    Saúdos
    Heriberto

    ResponderEliminar
  4. Hola.Quixera saber donde ides facer pública a lista de admitidos no Anpa. Públicaredelo no blog ou poñeredes una lista no colexio? Gracias.

    ResponderEliminar
  5. Hola .Quixera saber donde ides publicar a lista de admitidos no Anpa.Poñeredes unha lista no colexio,colgaredelo no blog o xa no lo dicides no reunión do martes día 3? .Moitas gracias.

    ResponderEliminar
  6. Ola Cristina.
    A listaxe non é da Anpa, que serían as familias inscritas, só dos/as usuarios/as para os servizos. Publicaremos no blog e no taboleiro de anuncios. Está listaxe será provisional, e teremos de marxe ate o día 10 para as posibles rectificacións, antes de publicar a listaxe definitiva para o inicio do curso.
    Saúdos,
    Heriberto

    ResponderEliminar
  7. Se puede uno socio durante el mes de septiembre?? Nos interesaría utilizar el servicio de cambiadores. Muchas gracias

    ResponderEliminar
  8. Ola,
    Calquera familia que teña nenos/as no centro pode solicitar asociarse en calquera momento do curso. Idem para o uso dos servizos. O de establecer unha data límite inicial vai por poder ter unha previsión de usuarios dos servizos para o día de inicio lectivo.
    Saúdos,
    Heriberto

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan