Lembramos que o prazo para a inscrición inicial como socios para o curso 13/14, remata o 31 de agosto. O súper caixón de correo estará no departamento de educación (rúa Ría de Noia) ate o xoves 29 para recoller a documentación en papel e depositala.
O luns 2 de setembro celebraremos a reunión da XD para a admisión oficial de socios e usuarios. A continuación faremos publica a lista provisional de admitidos, pendentes e non admitidos como usuarios. Antes do 11 de setembro, farémoslle chegar á dirección do centro e ao departamento de educación do Concello a lista definitiva de admitidos para o inicio do curso escolar.
O día 3, as 17:30 hs, no auditorio do CCC, terá lugar o acto de presentación do novo curso para a Asociación. Imos falar primeiro brevemente de como se presenta o curso para a Anpa, e facer dúas propostas concretas de acción inmediatas. Logo explicaremos sumariamente como esta previsto que funcionen os servizos, e as novidades nas que estamos traballando. Especificamente do RRI de aplicación en todos eles. E esperamos poder adicar a maior parte do tempo a aclarar dúbidas, contestar preguntas e recoller peticións e ideas. Finalmente procederemos ao reparto inicial de carnés de socio.
Agardámosvos.
Unha aperta.
XD.
Boas tardes.
ResponderEliminarOs que xa somos socios e temos a fianza o dia,temos que facer algo?????
Xa fixen un comentario anterior pero non o vexo reflejado,asi que o repito.Si vai duplicado perdoade.
ResponderEliminarOs que xa somos socios e temos a fianza pagada temos que facer algo?
Grazas
Ola Elena.
ResponderEliminarTodos os comentarios son moderados. Non se publican automáticamente.
A condiccion de socio temos que renovala todas cada curso. Pagar as cotas correspondentes e cumprir e facer chegar á Asociación as fichas de inscrición correspondentes. Ídem para os usuarios.
Tes toda a información pertinente aquí mesmo, na columna da dereita.
Saúdos
Heriberto
Hola.Quixera saber donde ides facer pública a lista de admitidos no Anpa. Públicaredelo no blog ou poñeredes una lista no colexio? Gracias.
ResponderEliminarHola .Quixera saber donde ides publicar a lista de admitidos no Anpa.Poñeredes unha lista no colexio,colgaredelo no blog o xa no lo dicides no reunión do martes día 3? .Moitas gracias.
ResponderEliminarOla Cristina.
ResponderEliminarA listaxe non é da Anpa, que serían as familias inscritas, só dos/as usuarios/as para os servizos. Publicaremos no blog e no taboleiro de anuncios. Está listaxe será provisional, e teremos de marxe ate o día 10 para as posibles rectificacións, antes de publicar a listaxe definitiva para o inicio do curso.
Saúdos,
Heriberto
Se puede uno socio durante el mes de septiembre?? Nos interesaría utilizar el servicio de cambiadores. Muchas gracias
ResponderEliminarOla,
ResponderEliminarCalquera familia que teña nenos/as no centro pode solicitar asociarse en calquera momento do curso. Idem para o uso dos servizos. O de establecer unha data límite inicial vai por poder ter unha previsión de usuarios dos servizos para o día de inicio lectivo.
Saúdos,
Heriberto