04/10/13
Cambios na recollida de nen@s
Empecemos. Debido fundamentalmente ao incremento do número de usuarios dos servizos, precisamos adaptar a entrega das 15:45 hs.
A partir do luns 7/10/13 inclusive, non se poderá acceder ao recinto do comedor e instalacións anexas para recoller as/os nenas/os.
Os que van a actividades a primeira hora serán recollidos polos seus monitores pola porta branca.
O resto, iranse entregando na porta laranxa. Precisamos que agardedes no corredor, e que simplemente lle facilitedes o nome e apelidos das/dos pequenas/os á monitora que alí estará para ilos chamando e que saian. As/os maiores xa recollerán as súas cousas por si mesm@s e ás/ós menores axudaralles algunha das monitoras.
Se o facemos con tranquilidade e paciencia, coa vosa colaboración, todo o proceso desenvolverase rapidamente. Non será preciso poñer un dispensador de números....
No resto dos horarios non é necesaria de momento ningunha variación. Poderedes entrar ás instalacións e recoller @s nen@s directamente.
Talleres de corresponsabilidade
O CIM de Arteixo ofrécenos a posibilidade de desenvolver uns obradoiros de corresponsabilidade para as nenas e os nenos usuarios dos servizos.
Podemos facer un grupo de EI e 1º de primaria, e outro de 2º a 6º de primaria. Precísanse 8 inscritos como mínimo para desenvolvelos. Máximo 16 por grupo. A inscrición realizarase con lista, facéndollo saber a Eva ou comunicando no correo electrónico. O prazo de inscrición remata o 11 de outubro. Os obradoiros desenvolveranse na ludoteca de infantil, no pavillón III, de 17 a 18 hs, dous días a semana, a partir do luns 14. Se hai dous grupos, luns e xoves un, martes e venres outro. Se hai un só grupo, martes e xoves. Isto durante tres semanas. Pódense apuntar nenas e nenos que normalmente non estean a esa hora no colexio. Cando remate cada sesión, volverán para o comedor.
Tod@s @s participantes recibirán ao rematar un agasallo do CIM.
Bos días!!!! O meu fillo fixo uso do comedor dende o día 23 de setembro ate o día 30 de setembro. Aínda non me pasaron o cuota correspondente a eses días.¿Pasádela conxuntamente coa do mes de Outubro? Gracias!!!
ResponderEliminarOla Cristina,
ResponderEliminarimos contestar por correo, porque este comentario acabamos de velo agora.
Saúdos,
Heriberto