POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

23 de out. de 2013

ACORDO DA ASEMBLEA DO 22/10/13

A Asemblea da Anpa Ponte dos Brozos de Arteixo, reunida en sesión ordinaria, en segunda convocatoria, o día 22 de outubro de 2013, en relación á convocatoria de folga xeral no ensino para o día 24 de outubro de 2013, acorda secundar a convocatoria e consonte a isto o peche de todos os servizos* de conciliación xestionados pola Anpa no Ceip Ponte dos Brozos para o día 24.


























*Tampouco haberá obradoiro de corresponsabilidade.
Recuperarémolo outro día.

5 comentarios:

  1. Pois moi mal pola vosa banda non respetar os servizos mínimos que garantizarían a liberdade de tódolos socios a decidir se secundar ou non a folga. Deste xeito non deixades elección.

    ResponderEliminar
  2. Son Anabel Pardo e eu fixen o comentario anterior que aparece como anónimo. Fixeno así porque non era capaz de que isto se publicara por outra vía. Creo que agora din coa maneira e quero que saia o meu nome porque me gusta que nos coñezamos todos. Jaja

    ResponderEliminar
  3. Ola Anabel, suxerencia: estaría ben que o comentars no foro TRIBO. Un par de cousas. Unha de concepto. Non existe o "pola vosa banda". A decisión e do colectivo, no que ti estás incluida, entendo, expresada no seu órgano soberano, a Asemblea. Non é unha decisión tomada por un ente ao que ti és allea, ou non tes ningún poder de decisión dentro del, como pode ser a imposición dunha lei que todos os sectores afectados por ela rexeitan por abrumadora maioría. Dúas. Nesta ocasión non se falou dos servizos mínimos. Coido que na anterior folga si, e senón lembro mal, se desbotaron. En calquera caso, non temos esa opción, ao meu entender. Se abres a porta (se dis que vai estar aberta) entrará alguén. Eu penso que entrarían moitos alguenes. O peche non tería ningún valor. Ben, vou con unha terceira. Que os servizos estén pechados non te obriga a secundar a folga. É, para moitas familias, unha dificultade, pero o centro si ten a obriga de estar aberto, con SSMM, que o constituén as persoas do equipo directivo, por certo. 3 persoas. Veña, catro, eu vou escribir como anónimo, porque non estou conectado a miña conta, nin á da Anpa. Son Heriberto.

    ResponderEliminar
  4. Hai xente que entra nun colectivo, un pouco obrigada, sin ser moi consciente do q significa pertencer a un grupo. Precisamente, para disfrutar dun servicio, hai q facerse socio da vosa asociación, co cal pasas a formar parte dun colectivo si ou si. Isto non quere dicir q todo o mundo este dacordo con todas as decisións porque non entran en politicadas, simplemente fan uso dun comedor ou outro servizo, porque o necesitan porque traballan( por sorte)
    Nunha asamblea, votase e esta claro q prima a maioria, pero non quere decir q non haxa outras opinions.
    Aparte disto, coido q a ocasión merece todo canto ruido se faga. O fin xustifica os medios.

    ResponderEliminar
  5. Boas noites. O problema sempre é o mesmo: ' é que vos...' e ' o comedor é un servizo'. Este 'servizo' existe porque hai xente que regala o seu tempo para que funcione. Isto non é un negocio. Tanto que se fala hoxe en dia de politica, dereitos' desigualdades, dos recortes, da lomce... pero ' por favor, que mo den feito'. Sen ANPA non hai comedor, almorzo, ludoteca .... e ANPA significa asociación, aquí tristemente as asambleas asistimos menos dun 10%. Digo eu que non todo o 90% restante está sempre ocupado, uns 484 pais. Aqui non é como o conto de qué foi antes, se o ovo o a galiña. Aqui primeiro foi a ANPA para logo poder facer os servizos de conciliacion. Porque como ben o di a palabra, hai pais que teñen que conciliar e tiveron a necesidade de formar isto. Por iso, o que crea que non ten ningunha obligacion coa asociacion, polo menos que se informe antes de falar libremente, que lea o que firma cando se mete en unha asociacion coma esta, e se non lle interesa, pois se borra e xa está. Por certo, o teu ' dereito' a elixir sempre estivo garantizado, Heriberto prestouse voluntario a coidar nenos ese día, pero claro, como ti non fuches á asamblea...

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan