POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

22 de nov. de 2013

VINTE DE NOVEMBRO

Uns días atrás pasou o día 20 de novembro. Para os menos novos de nos a data tráenos unha lembranza dun final e un principio. Pero se o traemos aquí a colación, ten que ver con algo que supoñemos nos toca máis de preto. Moito máis. A ONU propuxo hai un lote de anos esta data como o Día Internacional do Neno. Claro da nena tamén, pero como son practicantes da lingua inglesa non teñen o problema semántico que temos nos. Universal Children’s Day.

E pensaron neste día, because foi no que se aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno, no ano 59. Eu non nacera aínda, e dáme que pensar que non agardaran por min para facela.... Pero ímosllo pasar. Logo viu a Convención sobre os dereitos do neno, tamén un 20N, pero do 89. Por onde andábamos daquela? 

O caso é que agora se tiveramos tempo, pasados 54 anos da primeira e 24 da segunda, poderíamos sentarnos unha tarde a ler ambos textos, e pensar se tiveron efecto ou non, se os estamos a cumprir como un compromiso social ou non. Sen mirar para a África subsahariana. Aquí, ao noso carón.

As rapazas de Innovarte, xa sabedes, fixeron unha entrada no seu blogue que seguro a máis de unha lle poñerán a pel de galiña. E para quen teña ese tempo polo que tanto pelexamos traballando arreo para pararse a sentir o que di, poida que mesmo lle remova algo no interior dabondo como para levantarse da cadeira e moverse.

Nos, que non somos tan perspicaces coma elas, nin nos dedicamos profesionalmente ao mundo do ensino, seguimos pensando que o mundo estaría moito mellor se estivera feito á medida dos/das children. Children’s World. O seguimos pensando por que un día Malaicka nolo espetou. Resulta que ás veces, catro palabras si valen máis que unha imaxe.

E non deixamos esquecido facer mención a que unha parte fundamental dos dereitos das nenas e dos nenos, teñen que ver coa educación: para todos, non dogmática e igualitaria. Non como a queren facer coa lomce. (Pensabades que non había de saír....?)

Pero se falamos aquí e agora disto, tamén ten que ver con nós como Asociación. O somos de nais e pais, logo o somos de nenas e nenos. E dentro duns días, o 28 para ser máis exactos, imos tomar decisións nunha Asemblea (curioso que a da ONU tamén se chama así) sobre dúas cuestións relacionadas cos dereitos: o dereito á participación e as normas de réxime interno dos servizos.

Sobre o primeiro, xa nos decatamos de que non é un trending topic. Pero vai ser, dunha forma ou doutra, a ferramenta para asegurar a xestión da Asociación e de todas as súas actividades. Intereses, necesidades, quen se lembra deste tema dos martes?.

Sobre o segundo, xuntamos neste escrito o borrador de RRI co que estamos traballando para presentar na Asemblea. Ten definicións, ten obrigacións, regula as sancións,... pero tamén fala dos dereitos de nais, pais, titores legais e usuarios/as. E quen son as/os usuarias/os?

Tempo, tic, tac, tic, tac....

Correcto! Pedrito, Natalia, Breixo, María,......


Vémonos alí.

4 comentarios:

  1. Hola, donde podemos plantear las dudas acerca de la prestacion de servicios??

    ResponderEliminar
  2. Pregunta ao correo ou saca o tema en TRIBO.
    Ou pásate polo local os luns de 17 a 19 hs.

    ResponderEliminar
  3. Q é iso de Tribo?? E a q correo te refires? Gracias.

    ResponderEliminar
  4. Tribo é o novo foro. Nesta paxina, arriba a dereita des velo enlace:
    http://tribopdb.blogspot.com.es

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan