POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

CARTAS Á PRESIDENCIA

Nesta nova páxina imos ir incluíndo escritos que as socias e socios nos vaian facendo chegar, a xeito da sección dos xornais na que tamén se recollen escritos dos lectores. En todo caso, aplicando os mesmos criterios de respecto e corrección que veñen definidos na netiqueta ao máis que chegaremos será á revisión lingüística en acordo co autor ou autora, antes da súa publicación.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
En esta nueva página, iremos incluyendo escritos que las socias y socios nos vayan enviando, como en la sección de los periódicos en la que también se recogen escritos de los lectores. En todo caso, aplicando los mismos criterios de respeto y correción que vienen definidos en la netiqueta, como mucho interviniendo en la revisión lingüística de acuerdo con el autor o autora, antes de su publicación.

Realidade? De pena ou dá pena, como prefirades.

ANÁLISE DOS RESULTADOS

1. Nin nativos nin venideros. Aquí non hai nin intención de mudar as cousas nin interese en nada que non sexa o fútbol, a conta bancaria e as conversas de patio
ou
1. Non o vendimos ben, non se explicou a importancia da votación, non se fixo campaña, un mal horario, o tempo....

2. Os que votan, os que van ás reunións, os que asisten as charlas, os que preguntan por algo máis aló do importe do recibo, son sempre os mesmos.
ou
2. Non fixo bo tempo, debeu ser todo o día, os candidatos non eran coñecidos, nin eran nais ou pais ou titores legais coma os demais, da igual votar que non votar,...

3. Catro nais/pais e un especialista recoñecido pasaron o tempo que non estaban ocupados cumprindo coa súa obrigación como membros da mesa electoral, falando de educación emocional, normas, psicoloxía, ensino,.... eu so pillei o final.
ou
3. Non temos necesidade de aprender, nin de recoñecer que temos necesidade de aprender, para compartir  a responsabilidade suprema de educar a seguinte xeración e dotala de instrumentos para superar os nosos medos e a nosa inseguridade existencial. Esquecía, chovían chuzos, non che son horas para votar,....

4. Temos, nais, pais e titores legais, catro representantes electos no Consello Escolar. Non todo van ser queixas e pesimismos
ou
4. E total para o que van facer, conseguir beneficios para eles mesmos e os seus cativos, estes chiringuitos non serven para nada, como chovía, isto había que facelo a distancia, e con outro horario....

E o aparte

Un voto nulo. Un recorte de papel cuadriculado con tres nomes escritos. Debería ser anulado dúas veces. (Poida que fora dentro da papeleta, como a lista da compra). Outro voto nulo. Unha papeleta cos catro candidatos marcados. Igual quería dicir que lle daba igual quen fora?. Pois, está claro que tampouco precisamos de ferramentas sociais para desenvolvérmonos no mundo no que vivimos. 

Voto Particular

Eu voto por renunciar a facer charlas, debates e calquera outra cousa que busque a participación e a implicación. Deberíamos ir máis aló. Mesmo ser groseiros, valleinclanescos e rupturistas. Estilo Vulpes. Segue habendo moito zombi.
Acéptanse labazadas.
Xainín.

4 comentarios:

  1. Hola! Non sei si sera este o emplazamento para escribir acerca disto, pero dado que representades os pais e nais do nenos deste cole, ahi vai unha pequena apreciación.
    Este curso o meu neno pasou para primeiro. Xa a profe de infantil nos tiña avisado que ia ser un grande cambio, que xa entraban no grupo dos maiores. E é certo, pero a marchas forzadas.
    Non me parece correcto como se fai o cambio de infantil a primeiro, o sistema é caótico e canto menos traumático. ¿ E que custa tanto facer as cousas ben, cando leva o mesmo tempo e o mesmo traballo? O outro dia os nenos nas filas.de infantil parecian o gando cando vai para o matsdeiro. Chamaban por orden de lista, e co barullo nin se escoitaba. Os rapaces abrumados.
    Logo, todos fixemos un paseo polo cole, que está en obras, porque non houbo verán bastante para rematar.
    Paréceme unha parafernalia inútil. Seria moito máis sinxelo que todo estivera previisto, que puxeran unhas listaxes cos alumnos que pertencen a cada clase e que xa entrasen na sua nova aula directamente, e que en todo caso fose ali a profe de infantil. Para que non fora caótico que entraran os de primeiro, ese primeiro día un cuarto de hora mais tarde.
    Por outra banda, tamén penso que o idóneo sería que as reunións cos pais fosen antes de comenzar, ou dado que o curso escolar comenza oficialmente o día 11, ese mesmo día, para.evitar o vacío que se produce. Así non sabes nin como se chama a mestra... Ou chorradas como si teñen que levar merenda( xa supoñemos que si) ou si hai que levar un simple lapis( que parece que si). Que tamén poderían mandar unha nptiña para a tranquilidade dos pais, xa que de outros temas as mandan( non custa tanto)
    Asi que a sensación é que os nenos empezan a súa andanza en primaria un tanto perdidos e as familias tamén.
    Tamén sería recomendable que as profes se armaran de paciencia( non é por cuestionar o seu traballo) xa que os nenos veñen de outro rollo, moito mais light.
    Non como se escoitaba hoxe, que unh mestra castigara a uns nenos contra a parede a segundo día de cole e que mesmo unha nena se ouriñou, porque hai que entendelos, o cambio.e moi grande e son pequenos.
    Simplemente expreso malestares xerais de patio porque confio en que os que facedes propostas tomedes as nosas apreciacións en conta.
    Un saúdo. Mónica.

    ResponderEliminar
  2. A libertade de expresion é un dereito fundamental do ser humano, imprescindible na nosa era.

    ResponderEliminar
  3. Hola. No veo el revuelo, si es que al final un blog es para dar opiniones y cada uno tiene la suya. Lo digo porque el mensaje anterior, parece que no ha gustado mucho, pero al final, aunque con un tono duro dice muchas verdades. A las profes solo les viene a decir que son exigentes y que tratan a los niños como mayores, y es cierto, y por otra parte es parte de su trabajo.
    Es labor de otros cambiar el sistema. No todos debemos de estar de acuerdo con el y para expresarlos existen estos blogs. A veces nos dicen cosas que no nos gustan, pero son solo opiniones, no verdades universales.

    ResponderEliminar
  4. Nadie se puede enfadar por unas meras opiniones plasmadas en un blog, que para eso esta. Muchas cosas verdades. Todos comentamos lo que ocurre alrededor. Son inquietudes, como tambien las tienen las profes. Seguro que entre ellas comentan cosas del nuevo curso, como lo ven, o a los niños, y no lo hacen por mal.

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan