POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

RESPOSTAS


O venres 20 de maio, unha socia e lectora, fíxonos chegar unha información sobre unha noticia publicada no xornal El Pais en relación ao tema que se abriu nos comentarios, sobre os coidados hixiénicos para os pequenos de infantil.

A continuación tendes o enlace para visualizar a noticia:


Dunha banda agradecer a Mariluz a iniciativa e colaboración. Isto forma parte da intención de crear este blog.

Doutra, e falando da noticia, habería que facer un dia unha charla ou buscar alguén que quixera explicarnos aquí como se lle da vida a algo en periodismo. Un titular categórico, case unha verdade axiomática, para captar a atención, e cando entras no meollo da cuestión, ves que non estaba todo o peixe vendido, e axiña a Consellería correspondente lle enmenda a plana ao sempre voluntarioso, en todos os sitios e sentidos, Valedor do Pobo.

Como están as cousas aquí?. Máis ou menos polo estilo. E será todo o discutible que se queira, pero os mestres non teñen obriga -legal- de facer ese “traballo”. E as veces, cando algún toma a iniciativa de motu propio, mestre ou non, hai quen con argumentacións do máis variadas botaos atrás na súa intención. O maís común ultimamente é falar de responsabilidades civis (xa me dirás ti) e/ou de temas relacionados ca intimidade persoal (outra que tal).

Pero o caso é que existe unha necesidade nun período concreto de adaptación dos nenos que veñen de garderías a infantil, que non todos van vir ensinados en control de esfínteres forzosamente, e temos (grande palabra, plural maiestático) que buscarlle unha solución.

Imos, neste caso sen maiestático, dende a XD, averigurar quen e como podería e/ou debería encargarse disto. Quen como entidade ou organismo, pero tamén como persona ou cargo. Un auxiliar de atención por exemplo. Que xa hai un no colexio, pero só para atender casos puntuais que requiren dunha atención especial. E logo contarémolo e propoñeremos unha liña de acción para resolver.

E punto pelota. Que vos parece? (Vai con segundas).

Saúdos, 

XD

3 comentarios:

  1. Hola son o pai dun rapaz que empeza 6º de primaria e este ano dan EDUCACIÓN PARA A CIDADANíA, estou planteandome presentar a OBJECIÓN DE COCIENCIA a esta asignatura, e para saber si algun pai mais pensa coma min,e presentarlas todas xuntas, para poñerse en contacto conmigo cferbem@et.mde.es ,se queredes información sobre o tema aqui os un link http://educacionparalaciudadania.wordpress.com/













    ResponderEliminar
  2. Hola soy la madre de una niña ke pasa para 1° de primaria. Por motivos laborales me gustaria mandarla al comedor pero me comentaron ke estaba fuera de plazo. Tengo posibilidad de ke pueda ir? A donde tengo ke ir a informarme? En definitiva, ke es lo ke tengo ke hacer?
    Espero una pronta contestacion.
    Un saludo

    ResponderEliminar
  3. Ola,
    enviaches este comentario a unha entrada antiga.
    Aparte de nós, é posible que non a vexa ninguén máis.
    Suxíro que a reproduzas tal cual na última entrada ou na que titulamos RECORDATORIO.
    En calquera caso, nunca estamos fora de plazo. En calquera momento do curso, calquera nai, pai ou titor dun menor escolarizado no Ceip, pode solicitar asociarse á Anpa e o uso dos servizos para os seus fill@s. O prazo que comunicamos xa antes de que rematara o curso anterior para a primeira inscrición, o 31 de agosto, obedece a necesidades loxísticas basicamente. E que admisión de socios e usuarios sexa acorde cos novos estatutos aprobados na Asemblea Xeral do 15XÑ.
    Se queres asociarte e solicitar os servizos para a túa nena, ingresa o importe da cota de socio, do seguro e a fianza no Etcheverría, e fainos chegar as fichas de inscrición de socio e de usuario. Na seguinte reunión da XD, o 12/09 estudaremos todas as novas solicitudes asociadas aos ingreso dende o 1 de setembro.
    Toda a documentación informativa e as fichas están neste blog na columna da dereita, onde pon DOCUMENTACIÓN.
    Agardo ter aclarado o que preguntas. Senón, xa sabes onde estamos.
    Un saúdo,
    Heriberto.

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan