POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

ESO PARA ADULTOS

Un par de meses atrás recibimos un correo solicitando ter unha reunión para explicarnos un proxecto de formación para adultos. Uns días despois, antes da última reunión da XD do curso pasado, Suso e Raquel contáronnos como levan un tempo traballando con grupos de adultos que queren conseguir a titulación de ESO. Matriculados a distancia nun centro público oficial e asistindo a clases de dúas horas en días alternos, mulleres e homes que no seu momento non tiveron ocasión ou non puideron conseguir dita titulación, recuperaron a capacidade de estudar, de enfrontarse a un exame e conseguiron superar, maioritariamente as probas de capacitación para conseguir o seu título. Nun ano ou dous, dependendo do nível xa acadado anteriormente. Por suposto, ten un custe mensual para os que asisten as clases, pero sobre todo esixe a necesidade de comprometerse con conseguir un obxectivo traballando metódica e sistematicamente para ilo. E a nós que nos soa ao que unha e outra vez escoitamos que debemos intentar transmitirlle @s nen@s.

O tema foi quedando na carpeta de pendentes, en atención ás cousas máis urxentes en función da dispoñibilidade coa que contamos na mini XD. Como seguimos pensando que pode que haxa a quen lle interese, e que dispor do graduado en ESO é un requisito mesmo para moitas ofertas de emprego, imos darlle cando menos publicidade. A metodoloxía está deseñada para iniciar as clases en setembro ou febreiro, pero aínda estariades en tempo de comezar e tratar de aprobar un curso xa en xaneiro.

Dende a XD colaboraremos no que estea na nosa man, pero isto é unha actividade privada, e calquera relación que se estableza entre as persoas que a desenvolven e as persoas que se apunten, é un contrato particular entre elas.

Este é o esbozo do que propoñen:

A) Trátase de clases particulares para obter o GRADUADO EN ESO, dirixidas a persoas maiores de 18 anos.

B) As clases serían dous días á semana (2 horas por día) en grupos reducidos (de 10 a 15 persoas).

C) Os alumnos examínanse nun centro educativo público (exames parciais e finais, curso a curso, dous cursos en cada ano académico).

D) Non hai custos de matrícula, nin libros de texto, nin compromiso de "permanencia".

Quen teña interese, debe pórse en contacto directamente con Suso ou Raquel, no 636955487 ou ben pinchando en formulario no documento de metodoloxía.


2 comentarios:

  1. Sodes conscientes de que iso xa existe no IES de Sabón? Chámase E.S.A.

    ResponderEliminar
  2. Bo día:
    Efectivamente, no IES de Sabón ofrécese Educación Secundaria de Adultos.
    O que se ofrece aquí son clases particulares para facilitar a consecución deste graduado en E.S.A.. Son un apoio educativo orientado a quen non pode acudir todos os días a clase ou xa o intentou nun instituto ou nunha academia tradicional e non o conseguiu.
    Se unha persoa ten tempo e pode acudir ao IES de Sabón sempre é preferible, ao igual que se un rapaz é capaz de aprobar sen ir a unha academia tamén é mellor.
    Suso.

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan