POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

12 de nov. de 2011

TEMPOS DE DERBI

Un equipo de fútbol profesional na meirande parte constituídos legalmente como sociedades anónimas especiais, debería de funcionar como calquera outra entidade mercantil privada, e financiarse en base ao valor engadido que xere nos seus produtos.

Se hai xente que mire os partidos que xogan, financia co pago da súa entrada física ou virtual os custes de funcionamento. Os xogadores que desenvolve, forma ou capacita en calquera das súas fases de vida deportiva, convértense tamén en moeda de cambio no mercado, pasivos financeiros coido que lles chaman finalmente. As camisetas, bufandas, pins, reproducións de estadios, balóns, etc cos seus logotipos rexistrados, xeran tamén beneficios no seu haber.

En base a estes ingresos, poden afrontar o pago dos salarios, os custes de mantemento, os administrativos,… e afrontar novos proxectos. Economía de mercado pura e dura.
Pero resulta que os gastos se adiantan en función de futuros ingresos nunca constituídos e as débedas se incrementan exponencialmente. En boa lóxica de mercado prodúcese a bancarrota. E a empresa ten que ser liquidada e desaparece.
Salvo, claro está, que se considere un ben de interese cultural, social, territorial ou político ao que haxa que manter a calquera prezo. E neste caso TODOS pagamos a débeda que xeraron uns poucos (mal) xestores.

Ou non deberíamos? Incluso os que somos ou temos algo de celestes ou branquiazuis (verbi gracia) diríamos –deberíamos dicir- que non. Se cadra en tempos nos que sobre, e dito isto en termos de Europa occidental, aínda tería un pase de gol, pero agora…. As empresas privadas e as que están vinculadas a crenzas especificamente (relixiosas, políticas ou futbolísticas) deben financiarse por si mesmas.

Se un banco palma, xogando cos NOSOS cartos, non imos a facer máis o parvo pagando a recapitalización e asumindo os macrosoldos e macroindemnizacións de exdirectivos, para que sigan facendo o mesmo, xogar cos NOSOS cartos.

O diñeiro público debe adicarse ao interese xeral, non ao que nos queren vender acotío. Ao de verdade. Fomentar as inversións productivas, axudar aos traballadores sen traballo, pagar os aforros dos ex traballadores xubilados a xeito de pensión, que ben o merecen – aquí non valen os de dúas lexislaturas e media -, atender á xente doente de corpo e mente, tamén os dentes por certo, … e a traballar no principio do futuro: O ENSINO.

PÚBLICO, claro, porque a empresa privada xa se sabe, se ten mérito, sona e/ou resultados, medra e xera bos beneficios, senón, quebra. Non o inventamos nos, e a súa Lei de Mercado.

Nunha ocasión*, falando co director dun centro de ensino privado me comentaba que non sabía se ao ano seguinte poderían abrir por falta de axudas económicas. Lembro as grandes instalacións dende os inicios nos baixos fronte a onde agora está a casa da auga en A Coruña. Eu lle espetei na miña ignorancia supina que pecharán e se foran a outra cousa. Agora pensaría nos traballadores  que quedarían a velas vir e as súas familias, aínda que moitos deles pola súa condición non secular non tiñan, claro. Tamén pensaría nas necesidades de ensino en cantidade – en calidade tamén, dou fe – que asumiron nos tempos en que xurdiron. E reflexionaría, agora, sobre se o ensino debe ser un tema de fundamental exercicio público, para o que blindar recursos, independentemente dos que lles toque pasar por Moncloa/San Caetano. Como me respondo que si, me pregunto, como se fai iso?. Pois se podemos reformar a Constitución para cousas tan substanciais como limitar a débeda pública, igual tamén o podíamos facer para isto. Seguro que todos están da cordo….
Pero senón están, será cousa de que a Comunidade Educativa colectiva lles diga o que hai que facer. Quen se apunta?

Xainín

* Como pasa o tempo. Aló por maio ou xuño do 77.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan