POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

29 de mar. de 2012

Acordo do Consello Escolar

O día 27, martes, tivo unha tarde ben completa, primeiro cunha xuntanza de Comisión Educativa, xa sabedes esa que se formou e arrincou en xaneiro, na que estivemos proxectando algunhas actividades para  o que queda de curso, das que xa vos iredes decatando,  e logo ao tempo que unhas cantas seguíamos a Falar de Educación na biblioteca, no pavillón administrativo tiña lugar primeiro unha reunión da Comisión Económica, para estudar os presupostos para o próximo curso.

Logo un Consello Escolar Ordinario, onde entre outras cousas se aprobou a Proposta de mellora da calidade escolar no centro e o Plan de Convivencia

E finalmente, un Consello Escolar Extraordinario, solicitado por nós, seguindo a iniciativa proposta por Ceapa a todas as Anpas federadas do Estado, para propoñer a aprobación dun acordo polo que se solicita das administracións públicas que nos presupostos xerais que se presentaran xa, non se faga ningún tipo de recorte no eido educativo. Aprobouse e enviouse comunicación deste acordo á Consellería, agora de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.



Coma sempre, aproveitamos para insistir na importancia do Consello Escolar como órgano máximo do centro, e na necesidade de que haxa unha representación consistente e responsable de nais e pais electos.

Deixaremos para outro momento comentar en profundidade os documentos aprobados no Consello Ordinario, pero invitámosvos encarecidamente a lelos (vale, o plan de convivencia, 72 páxinas,  polo menos a xustificación), e dicir o que se vos ocorra. Falemos de Educación.

Apertas,
XD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan