Hai estatísticas que non aparecen en !Vertixe¡, como a da compra de cepillos de dentes.
O martes pasado estivemos (maxestático) na presentación do programa de saúde bucodental que o o Concello vai desenvolver no colexio para nenos de 1º e 2º (6 -7 anos). E unha das cousas que nos contou a especialista responsable da aplicación do programa, foi que as estatísticas din que no Estado non se venden tantos cepillos dentais como deberan, en relación á periodicidade indicada de reposición. Vamos que temos que mudalo cada 3 meses e as contas non dan.
Ou sexa que vai ser que hai un lote de xente que anda por aí cos dentes sen asear a diario. Cada un pode facer o que queira coa súa boca (ou non, dalgo disto falamos os martes...), pero se coincidimos todas en que é bo transmitir aos pequenos a necesidade de coidar os dentes todos, fagamos en todo caso como dicían os curas -fai o que eu digo e non o que eu fago- e ímoslles aprender a coller o mal costume de lavar os dentes todos os días, despois das comidas, e antes de se deitar. Mirádeo como unha inversión, o que gastes en pasta e cepillo, non llo vas gastar en dentistas. Porque de momento vai ser que non van poñer atención integral á saúde bucodental na sanidade pública.
Isto que consideramos vale para nenos e nenas de calquera idade, pero se pensaron para o programa especificamente neses cursos e idades, e por ser unha etapa cronoloxicamente media de muda nos dentes, onde os refinitivos pasan a tomar o seu sitio. Pero tamén por unha cuestión básica nos procesos educativos: asumir rutinas e costumes dende idades temperás.
Como vai ser a cousa: pois en segundo simplemente se vai desenvolver unha charla, o día 23. En 1º haberá en días sucesivos unha charla, unha proxección, e unha clase práctica de cepillado coa especialista, en grupos de a cinco, entre os días 26 e 30 de marzo. Todo en horario lectivo claro.
Se non vos contan nada, que xa será raro, verdade, preguntádelles neses días, e buscade o reforzo necesario que podemos (debemos) aportar como coautores do aprendizaxe e a educación. Non son deberes, é repaso....
Parécevos ben?.
Máis. Recomendacións básicas para ter uns dentes sans...
- Ensínalles dende pequenos a cepillar os dentes, despois de cada comida e sobre todo antes de irse para a cama.
- Lembra que deben cepillalos durante polo menos dous minutos.
- Cambia de cepillo cada tres meses.
- Utiliza cepillos e pastas dentífricas axeitados á idade do neno.
- Unha alimentación equilibrada e ter ollo coa inxestión larpeiradas e doces.
- E tamén míralles a boca de cando en vez e trátaos se é necesario
e o enlace para a web da xunta sobre este tema (hai personaxes, xogos, consellos,...)
sencarie
Apertas
XD
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.