POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

24 de abr. de 2012

CARTAS Á PRESIDENCIA


Ola,

Eu falaba o último día, co grupo de persoas que nos xuntamos para “Falar de Educación” en Arteixo e en Betanzos, dunha cuestión que deixo a consideración, unha vez máis:
De que serve facer ofertas de accións formativas coas familias se non teñen conciencia desa necesidade, en xeral?


Ser padre biolóxico, ser madre biolóxica é, na inmensa maioría das persoas, unha cuestión doada. Exercer, de maneira responsable, esa función é algo que nos parece que vén no “kit” das persoas, ao nacer, e que se traslada na herdanza duns individuos a outros. Rotundamente, non é así. O único que traemos no noso interno é o instinto de supervivencia da especie da mesma maneira ca outros animais. A diferenza é que nós temos que medrar en sabedoría para exercer as responsabilidades que nos tocan en cada momento e en calquera eido: individual, familiar, laboral, social... Ter ansia permanente de saber, de saber ser, de saber facer e de saber convivir son ingredentes que deben formar parte da alimentación diaria familiar para saír, no só da ignorancia, senón tamén, para progresar de maneira constante como persoas, como familias, como pobo. Unha sociedade, en xeral, e unha comunidade, en particular, que viva nunha aldea, nunha vila, nunha cidade... non evoluciona cando non hai coñecemento, cando non existe o desexo de saber e isto ten que formar parte da conciencia persoal de cada quen, a cotío.


E se non existe tal xuízo, tal necesidade?


Haberá que facer campañas da importancia da familia na procura da educación coma as da Xefatura de Tráfico e que nos quiten puntos. A familia que se quede sen ningún, que faga o curso de sensibilización e reeducación para iniciar, de novo, a súa andaina, coma tal, nunha AFENPA (Academia de Formación Estatal de Nais e Pais). Poido dar máis alternativas. Hoxe quedo aquí.

José Luis González





Nesta nova entrada imos ir incluíndo escritos que as socias, socios  e colaboradores, nos vaian facendo chegar, a xeito da sección dos xornais na que tamén se recollen escritos dos lectores. En todo caso, aplicando os mesmos criterios de respecto e corrección que veñen definidos na netiqueta ao máis que chegaremos será á revisión lingüística en acordo co autor ou autora, antes da súa publicación.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
En esta nueva entrada, iremos incluyendo escritos que socias, socios y colaboradores nos vayan enviando, como en la sección de los periódicos en la que también se recogen escritos de los lectores. En todo caso, aplicando los mismos criterios de respeto y correción que vienen definidos en la netiqueta, como mucho interviniendo en la revisión lingüística de acuerdo con el autor o autora, antes de su publicación.

1 comentario:

  1. Hola
    No que concierne ás accións formativas, eu creo que si que sirven, que hai xente que xa está concienciada, ainda que sexamos os menos, pero canta máis oferta, máis posibilidades de concienciar a máis que vaian por outros motivos...
    En todo o demais non podo estar máis de acordo contigo. Incluso no último párrafo, que pos como de broma, pero a min pareceme moi sensato.
    Antes de dar a luz, moitas mulleres imos ós cursos de preparación ó parto que organizan os distintos centros de saúde, e o parto non é máis que o principio de unha larga aventura para a que niguén está nunca preparado, así que na mesma liña, non sería tan descabellado que as escolas organizaran aulas de "formacióa de pais", nin que os gobernos fixeran campañas de concienciación como as de DGT, como ti dis (igual lle quitaría o caracter cohercitivo, eso si).
    En fin, que deberiamos mandarlle a tua idea ó congreso para que a incluan na nova ley de educación que están elaborando.

    Un saúdo,
    Ángeles

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan