POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

11 de abr. de 2012

Teatro Blogofónico

- Manolo! Manolooo!.
- Que ques muller! Tou escoitando o diario cultural, e non te oia.
- Viches o que mandan os listos estes da Apa polos nenos?
- Quen?
- Baixa o arradio, e ven canda min, fai o favor, que sempre teño candar a berros contigo.
(Escóitanse pegadas polo corredor escaso)
- Onde tas?
- E será tan difícil Manolo. Vaste perder no palasio. Pois ou na cociña ou diante da tele, onde vou estar.
- E que lle miras?. Vaites!, non sei porque poñen sempre os mellores documentais á mesma hora que o diario cultural no arradio.
- Pois escolle meu rei.
- E que tan falando da charla que houbo onte no centro cultural social nas dúas torres xemelgas, sobre a dialéctica do constructivismo no desenvolvemento das sociedades contemporáneas. 
- Grávamo, que eu tamén quero escoitalo logo cando me poña a pasar o ferro.
- E pódelo coller en podcast na web.
- Tamén...
- Entón, para que era que andabas a chamar por min?
- Que se viches o que mandan....
- Trae. Mira que che teño dito que a publicidade vai directamente para o lixo.
- Que non! Digo da asociación de pais do colexio.
- Será de nais.
- Que máis ten.
- Como que que máis ten?. E logo quen se ten que encargar das cousas dos nenos? Logo ben que pedides as costodias, cando vos botan da casa. Igual vou ter quir eu ás reunións, ademais de ir currar todos os días coma un desjrasiao.
- Meu amor, canta razón tes. E non queren que vaiamos o xoves 12, ás 18:30 hs, á biblioteca do colexio, para unha charla de corresponsabilidade?
- Claro, o xoves, que non teño nada que facer, e vou vir ben folgado despois de aturar ao meu xefe dez horas seguidas. Voume perder a partida cos colegas por ir escoitar a calquera ilustrado que me vai dicir como facer... E logo, que cocheinglésallo é iso da corresponsabilidade.
- Non che sei Manolo. Vai mirar no google. Algo dirán, e aforras a viaxe. Eu vou rematar de coserlle os baixos ao pantalón, que logo teño que facer as camas, frejar, levar ao Pepiño á pasantía, ir mercar unhas cousiñas, duchar aos pequenos, facer a sena, preparar a comida de maña, as mochilas coas merendas dos nenos, revisarlles os deberes, volver frejar, pasar o ferro, poñer outra lavadora, e logo voume sentar os meus cinco minutiños para ver o resumo do Congreso Internacional de Psicosocioloxía aplicada. Por certo, a que non sabes que me pasou esta maña ás sete indo para o traballo? Non o vas crer, Manolo......

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan