POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

22 de maio de 2012

PROBA DE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

Recibimos información dende a Dirección do centro sobre esta proba, que non te efectos académicos. Tamén hai cuestionarios para as familias. Mirade de colaborar, please.
Xuntamos enlace para o documento orixinal.


PROBA DE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO (2011/2012)
Información á Comunidade Educativa

FINALIDADE
Determinar o nivel de desenvolvemento das competencias básicas do alumnado, de cara a promover accións de mellora do sistema educativo. Carecerá de efectos académicos.
ÁMBITO DE APLICACIÓN
Terá lugar en todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ensinanzas correspondentes a cuarto curso de educación primaria.
COMPETENCIAS  BÁSICAS QUE SE AVALÍAN
Competencia en comunicación lingüística.
Competencia matemática.
Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.
DATAS DE REALIZACIÓN
Neste curso 2011/2012 terá lugar os días 23 e 24 de maio e aplicarase ao alumnado que cursa 4º de Educación Primaria.
INSTRUMENTOS
Caderniños para cada unha das competencias avaliadas.
Cuestionarios de contexto dirixidos ao alumnado, familias, direccións dos centros educativos e profesorado titor dos grupos avaliados.
COMISIÓN DE COORDINACIÓN
Está formada polas seguintes persoas:
Director do Centro, que a presidirá
Xefe de Estudos
Xefa do Dpto. de Orientación
Titora de 4º curso de Educación Primaria

Proba de avaliación de diagnóstico (2011/12)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan