POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

16 de nov. de 2012

CIRCULAR 2 - 2012_13


Somos de sabios

Iso din dos que son quen de rectificar, non si? E vai por todos e todas. Os e as que se manifestaron con total normalidade dando as súas opinións sobre a cuestión, e as e os que con total normalidade non o fixeron. E sen saltar o valado, todo o mundo aceptou as condicións e as cumpriu tal é como se formularon. Unha moi boa e educativa lección práctica en todos os seus aspectos para os e as que máis nos importan.

Pero está claro que a solución da porta nova non é operativa na medida en que a precisamos. Quizais nos lanzamos coa ilusión dunha obra nova nas instalacións que non foi ao peto asociativo, ao peto de todos vai igual, xa sabedes como, porque tampouco parece que fora imprescindible o uso exclusivo e permanente desa instalación, segundo o propio equipo directivo nos explicou nas últimas conversas.

Entón, a partir do luns 19 de novembro de 2012, recuperaremos os accesos polo corredor central do pavillón e a porta laranxa como uso habitual entre as 8:45 e as 18:05 hs. Antes e despois, as portas dos pavillóns estarán pechadas, e seguiremos empregando o acceso por esa porta nova coa súa rampla de design. Deste xeito recuperamos un acceso amplo e mais protexido, para as horas punta de recollida.

No futuro, xa se verá. Pero contando coa participación activa de todas e todos, seguro que damos atinado mellor. Xa cruzaremos esa ponte cando cheguemos a ela.

Grazas.
XD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan