POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

26/04/2013

MARTES 30


1 comentario:

  1. A berros, digo:
    Querer saber precisa de ser unha persoa curiosa. A curiosidade é unha cualidade de excelencia das persoas que non posúe toda a especie humana. E digo especie humana porque para ser persoas hai que cultivar a curiosidade.
    A curiosidade fai que nos informemos e profundicemos naquilo que despertou o noso interese. Creamos unha necesidade que nos leva a buscar satisfacela no momento que poidamos.
    Para querer saber tamén é preciso outra cualidade que marca excelencia: humildade. Hai moita especie humana que “vai de sobrada” e que a súa imaxe está ligada máis ao figurar que ao ser. Esa soberbia responde ao: - Eu que vou a aprender aí?”
    Tamén é preciso saber o significado da palabra comunidade: persoas que se senten unidas por algo común. E o común, nun centro escolar que debera ser educativo, parece que está ben á vista. E cada persoa pode aportar e recibir algo para enriquecer á comunidade para que sexa educativa.
    Outra características das persoas, que non posúe toda a especie humana, é a elegancia. A elegancia vén de elixir de maneira axeitada, de saber estar, de saber escursarse... Podería ser que haxa motivos ou razóns para non aceptar unha invitación como a que nos fai a Asociación de Nais e Pais de Ponte dos Brozos.
    - Non teño tempo
    - Estou agotada como persoa
    - Vaime mal a hora
    - ...
    - E outras.
    A elegancia supón dirixirse a quen nos invita para comunicarlle que non podemos asistir ao convite quincenal de unha hora e media. As persoas elegantes son quenes de escursarse. Que diríamos de alguén que convidamos á nosa casa e non aparece?
    E podería seguir...
    Mais se lemos a Javier Marías, escritor, tradutor e editor español, membro da Real Academia Española de la Lengua desde 2006… sinala que á especie humana española está considerada no exterior como: ruda, inculta, incivilizada, túzara, desconsiderada e groseira. E de tal especie humana...
    E por se alguén ten dúbidas:
    Los nuevos zoombies:
    http://javiermariasblog.wordpress.com/2013/04/21/la-zona-fantasma-21-de-abril-de-2013-los-nuevos-zombies/

    Gracias, ANPA do Ponte dos Brozos, por intentar poñer algo de remedios aos males da especie humana española. Ah! Que nos queremos ser galegos!!

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan

Síguenos por correo-e