POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

21 de maio de 2013

CIRCULAR INFORMATIVA 9 - 2012/13


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Como Vicepresidenta da Anpa, en atribución das competencias que me outorgan os estatutos, convoco a socias e socios a unha Asemblea Xeral Ordinaria, o martes 28 de maio de 2013, no Colexio, coa seguinte orde do día:
  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Reestruturación da Xunta Directiva.
  3. Integración das subvencións 10-11 e 11-12 no presuposto de gastos e ingresos.
  4. Informe de actividade do curso 12-13.
  5. Presentación de contas curso 12-13.
  6. Informe sobre debedores de recibos.
  7. Proposta de modificación das condicións de inscrición.
  8. Proposta de modificación do procedemento cos recibos devoltos.
  9. Proxectos para o curso 13-14.
  10. Rogos e preguntas.
A Asemblea desenvolverase no espazo de actividades a carón do comedor escolar, sendo a entrada polo portalón azul de recollida dos nenos e nenas. A hora de celebración será ás 19:00 hs en primeira convocatoria, e ás 19:30 hs en segunda. Será requirida identificación.

Ángeles Porteiro Eiroa
Vicepresidenta

Comentarios

Punto 2: facemos de novo un chamamento para a incorporación de socias e socios á XD, de xeito que podamos asegurar a necesaria renovación pensando no futuro e poder abordar con un pouco de tempo de cada un a xestión dos servizos e os proxectos asociativos para o curso próximo. Nesta Asemblea se presentará a composición e asignación de cargos da nova XD para a súa aprobación.

Punto 3: As contas anuais xa foron presentadas en relación aos cursos correspondentes que se citan e foron aprobadas en Asemblea. Pero ante a pregunta de algúns socios de se haberá un proceso de devolución de importes como sucedeu outros anos, repasaremos sumariamente como se recolleron xa nas cotas dos servizos, vendo cales foron os ingresos e gastos dos servizos durante eses anos, subvencións e axudas xa incluídas.

Punto 4: Que fixemos e que deixamos de facer.

Punto 5: Presentación das contas de gastos e ingresos dende a anterior Asemblea Ordinaria ate esta. Informe de saldos das contas.

Punto 6: Tesourería explicará o tratamento que se lle deu aos recibos non pagos, casuística xeral e específica, e como evolucionaron durante o curso os saldos debedores.

Puntos 7 e 8: A percepción que temos dende a XD é que o sistema de fianzas cumpriu a finalidade de transmitir aos usuarios a necesidade de asegurar os cobros. Pero tamén que unha fianza fixa é inxusta, sobre todo para os que non son usuarios intensivos dos servizos, e resulta insuficiente como garantía para os que si o son. Ademais non sirve como garantía nin é punitiva, posto que non se pode usar nin empregar para compensar os recibos devoltos. 

Neste sentido pensamos que ou establecemos un sistema de matrícula variable nos servizos, distinto para os usuarios moi esporádicos e para os máis regulares, e para estes últimos adaptado aos servizos que pensen utilizar con un procedemento flexible para o uso de outros en caso de necesidade, ou buscamos un sistema de pago por anticipado en vez de a mes vencido, con axustes por uso cada mes. En ambos casos, sería máis traballo para a XD no que atinxe a facer as liquidacións mensuais, pero entendemos que sería máis equitativo e xusto.

E asociado a isto, no caso de continuar coas fianzas vs matrículas, que poidan ser empregadas punitivamente contra os debedores. Modificar a normativa de sancións, para que cun procedemento estándar de comunicación, nun prazo curto, se un recibo non pago (xa non dous) non é liquidado, se perda a fianza integramente e se comunique a expulsión do servizo ao interesado e as entidades pertinentes. E senón hai fianzas, non pagar o recibo por anticipado pecharía o acceso ao usuario ao servizo dende o 1 do mes seguinte, tamén con comunicación individual e a organismos interesados.

Punto 9: Ademais da xestión do comedor, da que falaremos en canto ás novidades, especificamente do que agardamos sexa a aprobación polo Consello Escolar da autorización para continuar na xestión do servizo, e do que saibamos do proxecto de becas de comedor do Concello para o curso 13/14, pero tamén sobre cotas dos servizos, proxectos de reformas, substitución de mobiliario, elaboración de unidades didácticas vinculadas,.... E de actividades paralelas: cursos, charlas, xornadas,... para familias no seu conxunto ou para os socios adultos por unha banda e os menores por outra.

MÁIS COUSAS

Nos chegan peticións de devolución de fianzas de usuarios de hai tres cursos. Lembramos que é necesario pedir a devolución da fianza cando se considere que xa non se vai utilizar máis o servizo ou se deixe o colexio. Un correo chega, un escrito na caixa de correo tamén. Unha chamada telefónica non, básicamente por que non consta, secundariamente porque somos humanos. A non ser que se queira doar á Asociación, cousa que tamén habería que facer por escrito. Si, en serio.

Isto é especialmente importante. Se como socios/as modificades os datos de contacto (enderezo, números de tlf, correo-e) pois estaría ben que nolo comunicarades. Como nais e pais de usuarios/as dos servizos é imprescindible. Senón temos os datos actualizados e sucede algo a nivel particular teríamos que poñernos inmediatamente en contacto coa autoridade pertinente. Fundamental o dos números de teléfono.

A tarde mesma posterior á emisión da remesa, detectamos mentres se comezaban a actualizar xa os datos de usuarios deste mes, que na anterior remesa por un erro de anotación, se cargou sistémicamente a primeira hora de ludoteca aos que teñen actividade en extraescolares a segunda hora, cando é algo que asume o Concello. Hai 19 usuarios afectados. Sendo que o mes de abril foi un dos que máis días lectivos tivo, o incremento do recibo pódese notar. Cando teñamos o informe detallado dos afectados, tomaremos nota para descontar os importes cobrados de máis no próximo recibo, e se fará constar.


Facede por vir. A Anpa somos tod@s.

1 comentario:

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan

Síguenos por correo-e