POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

27 de set. de 2013

SEGUNDO PASO

(Continuación da 1ª parte)

Hai 4 representantes electos de nais e pais no Consello. Preguntade por eles. Seguro que estarán encantados de escoitar e traballar con vos en temas relativos ao colexio. O sabemos por que os coñecemos, a todos. Nais e pais que se presentaron e foron elixidos por nais e pais para representalos.

E a Asociación tamén estará en disposición coa súa representante. O mandan os nosos Estatutos. E lendo o espírito da nosa lei interna, con que actitude imos nós aos Consellos como Anpa? Pois con absoluto respecto por todos e cada un dos estamentos que alí teñen representación e polas propostas que formulan. Nunca pensando que esteamos por riba de ninguén. Pero tampouco por baixo. En condicións de igualdade, de soberanía, aínda que seguimos pensando - e seguiremos pelexando por cambiar isto - que a representación non é paritaria. Moi conscientes da responsabilidade que asumimos e seguros, moi seguros do que queremos defender. Un ensino público, para todas, sen restricións, gratuíto, laico e aquí, galego. Un ensino que contribúa á formación de persoas, máis que de traballadores. Un ensino que garanta a mobilidade social e alleo a transmisión xeracional de status. Un ensino (un mundo) que cada vez este máis en función d@s nen@s e menos dos resultados. Con máis humanidades, ou tantas como ciencias e tecnoloxías. Un ensino que practique a integración, a participación, a implicación, a imaxinación. Que incite a soñar máis que a facer cálculos.


Con esta filosofía, abordamos todas as cuestións que van xurdindo. Entre todas nós, haberá quen comparta e quen non esta idea de sociedade. Non, non é un lapsos. Un sistema de educación público como este só é posible nunha sociedade que decididamente aposte por darlle prioridade á formación dos seus cidadáns en todos os niveis. E isto supón que os cidadáns, ti, non mires para outro lado, temos que estar permanentemente implicados, comprometidos e responsabilizados de participar no proceso de crecer, individual e colectivamente.

A quen non lle interesaría algo tan marabilloso.... A ese poder misterioso que aparece case sempre en este ou aquel debate? Ou a nos mesmos? Porque as veces temos a impresión de que preferimos ser tutelados en troques de empoderarnos. Que nos solucionen as cousas sen ter que deixar de atender ao noso corralito.

Nós, esta XD de esta Anpa, non queremos que ninguén alleo á Asociación nos diga que, cando e como temos que facer as cousas. Os individuos que a formamos tampouco. E actuamos en consecuencia. Queremos estar na decisión de como, cando e que cousas facer. Porque somos adultos en plena posesión das nosas facultades. E gústanos cumprir as normas que nós mesmos nos damos, e incluso cumprimos as que nos viñeron impostas, e seguimos dando a vara para que se cambien, actualicen ou melloren, con nós. Isto é o que nos da a forza moral para dicirlles @s nos@s fill@s o que deben ou non deben facer. E vaia se o notan. E vaia se notan o contrario.

Ademais, e volvendo ao principio, mesmo quen apenas leva uns meses nesta XD, ten a percepción da cantidade de tempo e traballo que hai que adicarlle a esta organización para que as cousas funcionen medianamente ben. Por iso, entendemos as críticas, pero sabemos do que falamos cando citamos a complicación especial deste colexio. E este ano máis, se cadra, con esas obras aínda por rematar. Por iso queremos promover un sistema para que obrigatoriamente socios ao azar teñan que coñecer, ser participes e adicarlle parte do seu tempo libre á xestión da Asociación por un tempo determinado. Xa veremos que di a Asemblea en outubro.

En calquera caso, e na liña de abrir cancelas, o que nos toca agora mesmo, como Anpa, debe ser abrir o grupo TRIBO a todo o mundo, e convertelo nun foro para que todos os comentarios que xorden dende o principio do curso teñan un espazo público dixital onde poder ser respondidos ou aclarados. E ir pensando en traballar nese xornal impreso do que vimos falando de vello, para os que non podan ou non queiran entrar nos mundos dixitais.

E dende xa, desaparece a moderación particular de comentarios no blog. Ate agora tiñan que ser aprobados antes de publicarse (repetimos, nunca se deixou de publicar ningún). A partir de agora a publicación será automática, e a moderación será colectiva. Agardamos que isto sirva tamén para que xa non haxa máis comentarios anónimos....

Un saúdo,

XD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan