POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

24 de out. de 2013

COMUNICADO FOLGA 24/10

A Asemblea da Anpa Ponte dos Brozos, acordou en reunión ordinaria apoiar a convocatoria de folga no ensino para o día 24 de outubro do 2013, e manifestar o seu rexeitamento á lomce, unha lei que non responde as necesidades reais do ensino público, e está definida para dificultar o acceso á educación gratuíta para todos os estamentos sociais. 

Queremos transmitirlle a quen tomou a decisión de aprobar dita lei, coa oposición de practicamente todos os sectores da sociedade que teñen implicación directa no eido do ensino público, que seguiremos na loita para a súa derogación sen paliativos.

E agardamos que os responsables da súa aprobación recapaciten e entendan que o ensino público debe ser considerado unha cuestión de Estado, onde todas as partes poidan participar dun acordo común que traspase lexislaturas e ideoloxías partidarias. Nós así o entendemos e seguiremos traballando por elo.

Invitamos ás familias a participar activamente na convocatoria de folga e especificamente a facer acto de presencia nas manifestacións que terán lugar en diversos horarios e localizacións, e a seguir mantendo no tempo o compromiso contra esta lei e contra calquera outra decisión que afecte en negativo ao ensino público.

Anpa Ponte dos Brozos

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan