POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

20 de out. de 2013

LEMBRAMOS

O martes 22, ás 19:00 hs en primeira convocatoria, e ás 19:30 hs en segunda, celebraremos a Asemblea Xeral Ordinaria de inicio de curso.

Ademais dos puntos incluídos na orde do día, falaremos no punto 6 dun par de propostas concretas que dúas socias nos fixeron chegar, e que elas mesmas terán oportunidade de explicar, unha sobre a posibilidade de adoptar un uniforme para o colexio e outra sobre unha alternativa de xestión para os servizos. Dende a propia XD, ademais de comentar diversas cuestións relativas a distintos ámbitos, cambios e novidades, queremos falar especificamente da emisión de certificados de pago dos servizos.

E calquera outra cuestión que sexa de interese xeral, procuraremos tela en conta.

O que quede pendente ou mesmo aquelas cuestións que consideremos deban ter outro tratamento, as incluiremos na orde do día da Asemblea Xeral Extraordinaria que temos pensado convocar para o mes de novembro.

Saúdos,

XD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan