POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

14 de nov. de 2013

CIRCULAR INFORMATIVA 4 - 13/14

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

En cumprimento das miñas atribucións, e segundo indican os estatutos, convoco as familias socias a unha Asemblea Xeral Extraordinaria, o día 28 de novembro de 2013, nas instalacións anexas ao comedor, ás 19:00 hs en primeira convocatoria, e ás 19:30 hs en segunda, coa seguinte orde do día:
  1. Lectura da acta da Asemblea anterior e aprobación se procede.
  2. Análise e votación da proposta de regulamento electoral.
  3. Análise e votación da proposta de RRI dos servizos.
  4. Votación da proposta de convenio co CCA.
  5. Rogos e preguntas.
Requirirase identificación.

Arteixo, a 13 de novembro de 2013
O Presidente




INFORMACIÓN PRELIMINAR ASEMBLEA

1. O que corresponde no inicio da Asemblea.

2. A partir da convocatoria, poñeremos a disposición das familias socias o borrador do regulamento electoral co que estivemos traballando. No blogue en formato dixital e algunhas copias en papel tanto no comedor como no local social. E abriremos o debate no foro TRIBO para tratar de adiantar na medida do posible a análise para a Asemblea. Tamén coa idea de apuntar correccións, comentarios e ideas para todo o articulado, tal e como fixemos cos propios Estatutos.

3. Estamos traballando co borrador do Regulamento de Réxime Interno para os servizos, que precisa entre outras cousas de coherencia co RRI xeral do colexio. En canto teñamos un borrador pechado tamén o poñeremos a disposición para o seu coñecemento previo á Asemblea.

4. Elaboramos unha proposta de convenio co Centro Comercial Aberto de Arteixo, e estamos en conversacións entre ambas entidades para pechar a redacción e darlle o visto bo común. Consideramos que debe ser ratificado pola Asemblea Xeral de socias e socios, antes de asinalo como representantes.

5. (Repetido) O que se vos ocorra. Os casos particulares, os luns de 17 a 19 hs no local, por favor. Pero todo o que poida ser de interese común, traédeo a colación sen reparos. Neste colectivo nunca sobra falar. Falar, co respecto, a educación e a tranquilidade que queremos intentar transmitir @s nos@s fill@s.



OUTRO TEMA


O obradoiro de Co-rresponsabilidade aínda terá unha última variación. As dúas sesións que quedan serán o 14/11 e o 28/11.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan