POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

15 de dec. de 2013

PARABÉNS COLECTIVOS

Por Tutatis que é unha coincidencia. Pero foi así. Os que estiveron ate o final na Asemblea última, souberon algo en relación a isto. A cousa é que o 5 de decembro, San Sabas, anacoreta e cesteiro, véspera do día da Constitución, chegounos a comunicación do SI institucional aos novos Estatutos. Agora xa teñen validez tamén para terceiros. Se alguén esta a pensar en declarar o 5/12 festividade nacional anpera, e facer máis ponte, que pense mellor no 15 de xuño, o día da aprobación, da nosa aprobación.

Para os que compoñemos esta XD, para os comisionados e os que estiveron nas anteriores XDs dende o inicio do proceso, é un motivo de orgullo chegar aquí, pola perseveranza, o traballo, a paciencia e o sentido colectivo de compromiso cun proxecto vital compartido. E os parabéns que nos damos, os compartimos con todas as persoas que participaron nos debates virtuais, con todas as que asistiron á Asemblea do 15XÑ e en xeral co colectivo de familias socias. Estes novos Estatutos están definidos por unha idea central: que a toma de decisións se faga entre a maior cantidade de persoas socias posibles. En relación directamente proporcional ao tamaño da cuestión. Promoven, propician, necesitan e incluso esixen a participación. Coidamos que a isto SI se lle chama democracia.


Como contábamos co SI, xa fomos avanzando en cousas que desenvolven os Estatutos. O regulamento electoral é unha das fundamentais. Para a última Asemblea de curso, aló por maio do 14, teremos que votar unha nova XD. Ou teremos unha directiva bonoloto. O regulamento ten que intentar prever os casos límites, coa moi negra alternativa de ter que chegar a pechar todo. Pero non Imos chegar a iso, va que non?

Que levante a man, mais arriba, que se vexa, e nada de xestos simbólicos... quen xa este  pensando en presentarse nunha candidatura. Quen dixo medo? A que? De aquí aló imos decidir como derivar o traballo administrativo para liberar á XD dilo. De aquí aló imos ter aínda máis controlados os sistemas de xestión e económico. Teremos inventariado todo o que é da Anpa, de todas nós.

Só queda a escusa de que se es da Anpa, e aquí vai con retranca, no sentido da pregunta esa, ti es da Anpa?, en troques de ti estas na Xunta Directiva?, vante mal mirar, criticar, pensar mal de ti e de toda a túa familia, das túas accións, das túas omisións, mal comentar o proveito persoal, económico, político ou social que lle tiras ao cargo, e que sempre haberá quen faría as cousas mellor ca ti. País!


Falando máis en serio, seguindo un comentario na última Asemblea. Vale calquera para ser membro dunha XD nunha Asociación? E para selo desta en concreto?

Continuará?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan