POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

7 de abr. de 2014

CIRCULAR 12 - 2013/14

ASEMBLEA


A Asemblea iniciouse ás 19:30 hs en segunda convocatoria, e despois da lectura e aprobación da acta da anterior e de que a XD explicara os pormenores da proposta da Consellería para asumir o servizo de xantar para o curso 14/15 en diante e das posteriores reunións que se mantiveron con outras entidades e/ou coas empresas que nos prestan servizos, desenvolveuse unha rolda de preguntas e respostas nas que se matizaron as diversas cuestións a considerar para a toma de decisión das familias socias sobre a cuestión. Finalizado o debate procedeuse a valorar o sistema de votación, e sendo que a Asemblea non considerou a necesidade de facelo nominativamente, ben de viva voz ou coas papeletas que tiñamos preparadas, o pronunciamento fíxose a man alzada.

Sendo a pregunta: “Cedemos a xestión do xantar á Consellería?”, a Asemblea pronunciouse con unha abstención, ningún voto a favor e 115 en contra. En consecuencia, comunicámoslle a dito organismo que rexeitamos a súa oferta. E continuaremos cos pasos necesarios para poder seguir mantendo a xestión de todos os servizos cando menos como ate agora.


PROCESO ELECTORAL


O mesmo xoves da Asemblea, tivo lugar a primeira reunión da Xunta Electoral, onde os tres titulares tomaron posesión dos seus cargos e se procedeu a valorar e aprobar o censo* electoral e o calendario* para o proceso.

Indicamos algunhas das datas importantes:

  • Publicación do censo electoral: do luns 7 ao domingo 13 de abril, a.i.
  • Presentación de candidaturas: do xoves 17 de abril ao mércores 7 de maio, a.i.
  • Campaña electoral: do mércores 14 ao domingo 25 de maio, a.i.

O censo electoral consta de apelidos e nome, por onde alfabético e agrupados por familias. Estará publicado no taboleiro de anuncios oficial, no panel de información do comedor, na secretaría do colexio e no blogue. 

Todas as comunicacións para os procedementos de reclamación, modificación ou presentación de documentación, deben ser dirixidas á secretaria da Asociación, ben por correo-e ou en papel, e segundo as indicacións recollidas no regulamento electoral.


*Por circunstancias alleas á vontade da XD, o censo non puido ser publicado xa dende o venres, como estaba previsto. Co acordo da XE, modificouse o calendario para seguir mantendo os 7 días naturais mínimos de exposición,  trasladando o atraso ao resto das datas, reducindo os días de campaña, e conservando a data prevista da Asemblea Xeral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan