Coma xa comentamos na última asamblea, hai unha serie de socios que non están a facer uso dos servicios de xantar, cando solicitaron o servizo.
Segundo indican as normas de inscrición, esto suporía poder penalizar cobrando o importe total do servicio solicitado.
Dado que segundo os cálculos de usuarios a inicio do curso chegamos ao tope, tivemos que facer unha lista de espera. Agora, pasado o mes de outubro ( o primeiro mes completo), vemos que non se chegou ao tope máximo, o que quere dicir que hai usuarios que se apuntaron o servizo, pero que non fixeron uso.
Como medida, imos dar para adiante as persoas da lista de espera, que necesitan o servizo.
Non imos facer uso da posibilidade de penalizar, pero os usuarios que no fixeron uso do servizo sen avisar ou non indicaron a data de comenzo de uso, cando queiran facer uso do servizo, terán que avisar previamente para que lles confirmemos.
Non ten setido que haxa socios que necesitan o servizo de xantar e non podan facer uso del porque hai usuarios que non o estan a usar, e gardan a vez " por si acaso".
Polos datos, non deberia haber problemas, pero os cálculos, cos datos que os socios dimos, nos levaron a asegurar non pasarnos do tope de 282 usuarios establecido. Polo que houbo nen@s que necesitaron o servizo, e non poderon facer uso del.
Creemos que é unha solución comprensible, e rogamos para futuras ocasiones, que sexamos consecuentes e solidarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.