Pasamos os modelos de inscrición para socios e/ou usuarios para o novo curso 2015-2016. Recordamos que é necesario cubrir a folla SEPA de domiciliacion bancaria para quen solicite algun servizo de usuario.
Ademais, no outro pdf enviamos información da ANPA, dos servizos e instruccions para cubrir as follas. Por favor, cubride todolos datos, non admitiremos ningunha inscrición que lle falte algun dato.
Por favor, non ingresar nin enviar as inscricións antes do 1 de xullo, xa que o prazo comeza o 1 de xullo ate o 31 de agosto. Facelo antes nos supoñe un enorme traballo e organización, e chegado o caso non serán válidas.
Ademais de estar colgado na web, pasaremos copias en papel que repartirá o monitorado do comedor.
Para novos nen@s, o xoves día 25 de xuño, as 16:30 no centro cívico de arteixo, é a reunión do cole para novos ingresos, e tamén estaremos nos.
Recordade tamén que é necesario cubrir de novo todolos datos e as autorizacions ( tedes o enlace na web, non pasaremos copias en papel).
Aquí á dereita da páxina, tedes os enlaces:
https://drive.google.com/folderview?id=0B8JykxfAj7bQSHczazVkeDNIa0k&usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/0B8JykxfAj7bQcHhURGhWM2JRYzQ/view
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.