POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

9 de set. de 2015

INICIO CURSO 2015/16

Vos pedimos que leades atentamente este comunicado.

Este inicio de curso vai ser mais complicado do normal. Aumentamos 60 plazas mais, de 282 a 342 ( usuarios moitos mais). 

Todolos servizos aumentaron o numero de usuarios, polo que rogamos a AXUDA e COLABORACIÓN DE TODOS. Estade atentos as comunicacions e indicacions dos monitores, do cole ou nosa. Estade pendentes dos mails, web ou facebook. Non vai ser doado, pero todos temos que poñer da nosa parte.

Queremos decir unhas cantas cousas. Os servizos de conciliacion existen porque todos nós formamos a ANPA. Non somos nin unha institución nin unha empresa, somos pais e nais que necesitamos uns servizos e nos organizamos polo ben do colectivo, non polo ben particular de cada un. Este periodo de inscrición esta sendo fora do habitual, nunca tivemos exceso de usuarios, se ben todos nos xa sabíamos en xullo que tiñamos un limite de 282 plazas e temos 1.100 alumnos posibles. A gran maioría o sabe, e o asume, pero sempre hai unha minoría que non lee o que firma. Na ficha de inscrición firmamos que limos tódolos estatutos, regulamentos, dipticos....e neles di que o plazo era ata o 31 de agosto, que hai un limite de plazas... polo que ata o dia 1 de setembro ninguen podia saber se tiña plaza ou non (non hai plazas fixas para ninguén). De igual modo que a Xunta Directiva (XD) nos presentamos voluntarios (non nos presentamos para que nos derades as gracias, pero tampouco para que nos faltasedes o respeto nin puxerades en duda a nosa honra, non o imos permitir), vos, voluntariamente, ratificastesnos na asamblea para dirixir a ANPA. Esta sendo un inicio duro, e uns poucos dedicastesvos a non deixarmos traballar, non seguindo as nosas indicacions, e repetimos, todos tiñamos que saber que podiamos quedar sen plaza en xullo. Do mesmo modo, eses poucos estiveron entorpecendo e retrasando que chegaramos a esta solucion antes, o fixeron interrompendo o cole, os traballadores do concello, a nos .....porque toda esta xente leva semanas e meses traballando para conseguir o aumento de plazas e recursos. Eses poucos, que sepades que por mor dos vosos intereses personais, puxechedes en perigo os intereses de todos, e todos somos o ANPA.

Queremos agradecer o esforzo que mostraron xente, que non tiña a obriga, e que nos axudou a conseguilo (aunque ainda queda moito, o inicio vai ser duro, nos repetimos). Queremos dar as gracias a Concelleira de Educación, quen leva todo este ano axudandonos a conseguir que o Concello nos fixera unha ampliacion, ao Concelleiro de Obras polo mesmo compromiso, buscando solucions a cada problema que foi xurdindo. A arquitecta que fixo disto unha realidade, comprometendose mais do que se pode esperar. A nosa administrativa, aos traballadores de Educacion, que ademais de estar traballando connosco, tiveron que perder tempo con estes poucos que non atenderon as nosas indicacions, preocupandose por eles e non polo colectivo. Ao noso Director por darmos todalas facilidades e non poñer nin unha soa pega. Aos traballadores do cole, a AXIÑA(monitorado) e Eurest(cociña) por tirar para diante con nos, necesitan a nosa axuda e colaboracion neste inicio, para eles tamen é un reto. E aos socios que nos apoiastedes e seguichedes as nosas indicacións.

Por todo elo, pedimosvos que reflexionedes, que nos como pais/nais tamén temos obrigas, porque os servizos son nosos (non da directiva, nin do concello, nin do cole nin da xunta), recordamos que fai un ano rexeitamos o ofrecemento da xunta. Tedes a obriga de leer toda esa documentación que houbera feito que poideramos encontrar unha solución antes e que ninguén se levara sorpresas de ultima hora.

Dito isto, as boas novas son que conseguimos sobre 60 plazas, pintar todas as paredes, cubrir todo o espazo con teito acústico que esperemos que elimine o sempre presente "ECO", modificar a rampa exterior por unha "rampa segura" e un vidrio na porta para visibilidade (petición dunha socia nunha asamblea, para que vexades que importante é asistir), unha acera na mesma rampa para non ter que pisar o cespede mollado para pasar......que esperemos que mellore a convivencia durante os servizos. 

Seguramente teremos que cambiar os procedementos e saidas do xantar (as veces que sexan necesarias), estamos nelo xunto con AXIÑA. Por favor, colaborade estos dias, facilitade o traballo do monitorado, calquera cousa a nos.

Tedes plaza para os servizos que pedichedes, se faltades tendes que avisar por SMS o movil do comedor e por mail a nos. Todo aquel que non faga uso dos servizos, se lle cobrará. Igualmente avisade os que vades esporadicamente.

Dito isto, nos tampouco somos perfectos nin moito menos, e teran que cambiar moitas cousas para o ano, xa estamos traballando nelo, coma sempre, calquera axuda é benvida.

Gracias, a Xunta Directiva.

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *
ANPA PONTE DOS BROZOS (Arteixo)

Aos efectos do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e da Lei 34/2002,de 11 de Xullo de Servizos da Sociedade da Información e de Correo Electrónico (LSSI), Anpa Ponte dos Brozos garante a confidencialidade dos datos persoais dos seus contactos. Comunicámoslle que a súa dirección de correo electrónico forma parte dunha base de datos xestionada baixo a responsabilidade da Anpa Ponte dos Brozos, coa única finalidade de manterlles informados das nosas actividades, sexa pola súa condición de socio ou porque nos solicitou información nalgún momento, sexa porque vostede autorizou que os seus datos figuren nun ficheiro automatizado.
É vontade da Anpa Ponte dos Brozos evitar o envío deliberado de correo non solicitado, polo cal poderá en todo momento, exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos de carácter persoal por correo ordinario, dirixido a: Anpa Ponte dos Brozos, Apdo 70, 15142, Arteixo (A Coruña) nos termos establecidos na LOPD.
Esta mensaxe diríxese exclusivamente ao seu destinatario e pode conter información privilexiada ou confidencial.
Se vostede non é o destinatario sinalado, informámoslle que calquera divulgación, copia, distribución ou uso dos contidos está prohibida. Se vostede recibiu esta mensaxe por erro, por favor borre o seu contido e comuníquenolo na dirección do remitente o máis axiña posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan