POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

2 de set. de 2015

Lista Provisional de Socios e Usuarios

O primeiro desculpade polo retraso.

Adxuntamos a lista provisional de socios e usuarios.

Como indican as normas, non son validas as inscricions ( tanto socio coma usuario) que se fixeran fora do prazo ou se tiveran debedas.

Lista provisional socio: Recordamos que a condición de socio implica que se fixera o pago da cuota de socio no prazo, entregar a inscricion no prazo marcado e non manter debedas no prazo. Ser socio non implica ter praza de usuario.

Lista provisional usuario: as persoas que facia falla rectificar algun dato, xa hemos intentado comunicarnos con vos via mail ou telefono durante xullo e agosto (deberiades ter chamada perdida). Recordamos que non temos a obriga de poñernos en contacto con vos, de todalas formas intentaremos enviar mails masivos indicandovos si necesitamos rectificar algun dato. A lista definitva publicase o proximo dia 8.

Recordamos tamen que os usuarios que indican alerxias, é de obrigado cumprimento que nos enviedes o certificado medico. Por normativa o menu é unico, excepto nos casos de certificado medico. Se non o adxuntades o certificado, tomarase como usuario non valido, agas que rectifiquedes por mail que non é alerxico porque non tendes o obrigado certificado.

Estamos traballando para intentar que ningun nen@ se quede sen praza, xa que como sabedes temos un maximo (sobretodo no servizo de xantar) e durante o veran, realizamos unha ampliacion das instalacions e estamos estudando se se pode ampliar o numero de prazas. Por elo, rogamos non chamades ou mandedes mails agas que tiverades que rectificar algun dato que vos houberamos solicitado, por favor, enviadelo por mail preferiblemente para facilitar o traballo. Entendemos a situacion, xa que nos tamen somos pais e nais, pero rogamos nos deixedes invertir os esforzos ata o dia 8 que sairan as listas definitivas.

Deixamos o enlace:

https://drive.google.com/folderview?id=0B8JykxfAj7bQSHczazVkeDNIa0k&usp=sharing


Agradecemos a vosa colaboracion.




 * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *
ANPA PONTE DOS BROZOS (Arteixo)

Aos efectos do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e da Lei 34/2002,de 11 de Xullo de Servizos da Sociedade da Información e de Correo Electrónico (LSSI), Anpa Ponte dos Brozos garante a confidencialidade dos datos persoais dos seus contactos. Comunicámoslle que a súa dirección de correo electrónico forma parte dunha base de datos xestionada baixo a responsabilidade da Anpa Ponte dos Brozos, coa única finalidade de manterlles informados das nosas actividades, sexa pola súa condición de socio ou porque nos solicitou información nalgún momento, sexa porque vostede autorizou que os seus datos figuren nun ficheiro automatizado.
É vontade da Anpa Ponte dos Brozos evitar o envío deliberado de correo non solicitado, polo cal poderá en todo momento, exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos de carácter persoal por correo ordinario, dirixido a: Anpa Ponte dos Brozos, Apdo 70, 15142, Arteixo (A Coruña) nos termos establecidos na LOPD.
Esta mensaxe diríxese exclusivamente ao seu destinatario e pode conter información privilexiada ou confidencial.
Se vostede non é o destinatario sinalado, informámoslle que calquera divulgación, copia, distribución ou uso dos contidos está prohibida. Se vostede recibiu esta mensaxe por erro, por favor borre o seu contido e comuníquenolo na dirección do remitente o máis axiña posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan