POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

12 de abr. de 2016

CENSO ELECTROAL 2015-2016

Bos dias,

Onte tivo lugar a primeira reunion de Xunta Electoral ( XE ), na que se aprobou o censo electoral que publicamos no taboleiro do cole, vos enviamos adxunto a este mail e publicaremos en internet. 

Neste censo constán todos os socios que se atopan ao día nas súas obrigas económicas, e que non foran privados da súa condición polas razóns recollidas no artigo 20c) dos Estatutos, definitiva ou provisionalmente.

Esta ordeado por orden alfabetico do primeiro apelido.

Estará exposto no taboleiro polo menos 7 dias naturais dende a súa aprobación pola XE.

Durante os sete dias de exposición poderanse presentar reclamacións ou peticións de emenda de datos, sempre por escrito, que deberá ser entregado ao secretario da Asociación, para serlle comunicado á XE, que resolverá transcorridas 48 hs dende
o fin do prazo de exposición.

As rectificacións ou modificacións, ou a negativa a tal decidida pola XE, só será comunicadas aos solicitantes, e non se producirán novos prazos de exposición do censo.

As rectificación ou modificacións sí quedarán recollidas nun novo censo, que será o empregado para a votación. 

Seguiremos informando unha vez concluidos estes 7 dias de exposición.

Aqui podedes ver o Censo en formato pdf:

https://drive.google.com/open?id=0B8JykxfAj7bQUDlIQlBzS0VJMHc

Saúdos,
XD;
* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *
ANPA PONTE DOS BROZOS (Arteixo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan