POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

21 de abr. de 2016

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA 5 de maio de 2016

Boas, imos tentar resumir un pouco o motivo de esta asamblea. Tal como incluimos coma proxectos na correspondente asamblea para este curso, presentaremos os orzamentos de varias empresas para a xestion ou administracion dos servizos de conciliacion do proximo curso 2016-2017. A idea é buscar unha empresa que administre os servizos mais directamente liberando a xunta directiva de tarefas diarias que moitas veces non podemos conciliar nin estar disponibles nas horas nas que se desenvolven os servizos. Entendemos que repercutirá nunha mellora dos servizos, xa que os pais/nais da xunta directiva (XD) non temos disponibilidade a calquera hora e non vemos loxico ter que facer tarefas que poden ser desenroladas pola empresa que ofrece os servizos, cunha maior profesionalidade. Ademais permitira que en caso de urxencia, os servizos podan funcionar independentemente de posibles cambios de directiva ou por ausencia da xunta directiva por motivos persoais. No punto 3, se procede segundo se desenvolva o punto 2, pasariamos a votar a empresa elexida, É necesario ter decidido o modelo antes da ultima asamblea xeral ordinaria que será previsiblemente o 26 de maio, xa que os estatutos reflexan que ten que ser no mes de maio e debe presentarse os orzamentos da ANPA para o curso proximo, asi que temos que saber o modelo para poder facer eses orzamentos da ANPA.

Dada a importancia dos asuntos a tratar, pedimos a maxima asistencia. Recordamos que cada familia socia é 1 voto.

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA



En cumprimento das miñas atribucións, e segundo indican os Estatutos, convoco ás familias socias a una Asamblea Xeral Extraordinaria, o día 5 de maio de 2016, nas instalación anexas ao comedor, ás 19:00 hs en primeira convocatoria, e ás 19:30 hs en segunda, coa seguinte orde do día:



1.      Lectura da acta da Asamblea anterior e aprobación se procede.

2.      Presentacion de orzamentos e modelos de xestion de empresas para servizos de conciliación do próximo curso 2016-2017.

3.      Aprobacion se procede do orzamento e modelo de xestion para o próximo curso 2016-2017.

4.      Informes varios.

5.      Rogos e preguntas.



Requerirase identificación.

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *
ANPA PONTE DOS BROZOS (Arteixo)

Aos efectos do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e da Lei 34/2002,de 11 de Xullo de Servizos da Sociedade da Información e de Correo Electrónico (LSSI), Anpa Ponte dos Brozos garante a confidencialidade dos datos persoais dos seus contactos. Comunicámoslle que a súa dirección de correo electrónico forma parte dunha base de datos xestionada baixo a responsabilidade da Anpa Ponte dos Brozos, coa única finalidade de manterlles informados das nosas actividades, sexa pola súa condición de socio ou porque nos solicitou información nalgún momento, sexa porque vostede autorizou que os seus datos figuren nun ficheiro automatizado.
É vontade da Anpa Ponte dos Brozos evitar o envío deliberado de correo non solicitado, polo cal poderá en todo momento, exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos de carácter persoal por correo ordinario, dirixido a: Anpa Ponte dos Brozos, Apdo 70, 15142, Arteixo (A Coruña) nos termos establecidos na LOPD.
Esta mensaxe diríxese exclusivamente ao seu destinatario e pode conter información privilexiada ou confidencial.
Se vostede non é o destinatario sinalado, informámoslle que calquera divulgación, copia, distribución ou uso dos contidos está prohibida. Se vostede recibiu esta mensaxe por erro, por favor borre o seu contido e comuníquenolo na dirección do remitente o máis axiña posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan