POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

8 de abr. de 2016

Fwd: Sábado 16 de abril- retomamos a I Edición do Camiño dos Faros Inclusivo

Reenviamos informacion:

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *
ANPA PONTE DOS BROZOS (Arteixo)

Aos efectos do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e da Lei 34/2002,de 11 de Xullo de Servizos da Sociedade da Información e de Correo Electrónico (LSSI), Anpa Ponte dos Brozos garante a confidencialidade dos datos persoais dos seus contactos. Comunicámoslle que a súa dirección de correo electrónico forma parte dunha base de datos xestionada baixo a responsabilidade da Anpa Ponte dos Brozos, coa única finalidade de manterlles informados das nosas actividades, sexa pola súa condición de socio ou porque nos solicitou información nalgún momento, sexa porque vostede autorizou que os seus datos figuren nun ficheiro automatizado.
É vontade da Anpa Ponte dos Brozos evitar o envío deliberado de correo non solicitado, polo cal poderá en todo momento, exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos de carácter persoal por correo ordinario, dirixido a: Anpa Ponte dos Brozos, Apdo 70, 15142, Arteixo (A Coruña) nos termos establecidos na LOPD.
Esta mensaxe diríxese exclusivamente ao seu destinatario e pode conter información privilexiada ou confidencial.
Se vostede non é o destinatario sinalado, informámoslle que calquera divulgación, copia, distribución ou uso dos contidos está prohibida. Se vostede recibiu esta mensaxe por erro, por favor borre o seu contido e comuníquenolo na dirección do remitente o máis axiña posible.

---------- Forwarded message ----------
From: anpas da Costa da Morte <correo@fedanpas.org>
Date: 2016-04-08 7:35 GMT+02:00
Subject: Sábado 16 de abril- retomamos a I Edición do Camiño dos Faros Inclusivo
To:


Bos días:

Poñemos no seu coñecemento que retomamos o I camiño dos faros inclusivo. Para todas e todos!

Percorrido da 3ª etapa Ponteceso-Laxe

Programa:

15:30h. Quedada na Praia da Urixeira (Neaño – Cabana)
16:15h. Charla do ornitólogo Jose Luis Rabuñal no esteiro do Anllóns (Interpretando o entorno).
17:00h. Senda do Anllóns (2,7 Km planos)
18:30h. Chegada ás Grelas
19:30h. Saída da Praza de Laxe, Casa do Arco, Igrexa de Santa María, vista do porto (con charla de Victor Mira- "historias e curiosidades de Laxe"), e collemos camiño do faro.
21:00h. Chegada ao faro (posta de sol e vistas panorámicas das etapas 2, 3 e 4). Descanso con música de gaitas para non perder o ritmo!
21:30h. De pinchos por Laxe.

Nota: podes "baixarte en calquera das paradas", non tes porque facer todo o percorrido.

Para Inscribirse:

Clica aquí para informarnos de que participas de xeito voluntario.
Lémbrate de cubrir os datos de Inscrición roteiro e entregalo asinado o mesmo sábado 16 de abril. Para inscribir menores de idade, facelo en "PARA MENORES DE IDADE".

Na federación de ANPAs da Costa da Morte e demais de colectivos organizadores debemos saber a cantidade de persoas que van participar no roteiro.

Punto Exacto de partida:
https://www.google.es/maps/place/43%C2%B013'50.7%22N+8%C2%B055'09.1%22W/@43.2307575,-8.9197308,19z/am=t/data=!3m1!4b1!4m2!3m1!1s0x0:0x0

Como chegar ao punto de encontro desde Ponteceso:
https://www.google.es/maps/dir/43.2308293,-8.9192927/Ponteceso/@43.2517713,-8.9276801,9259m/am=t/data=!3m2!1e3!4b1!4m8!4m7!1m0!1m5!1m1!1s0xd2ebc5ceb68de5d:0x2dd1a0224347a349!2m2!1d-8.8693609!2d43.2646238

Datos de interese:

Nestas etapas pódese apuntar quen queira. Inscríbete e participa!
Necesitamos saber, como moi tarde, o venres 15 de abril un cálculo aproximado de persoas participantes pola cuestión  do seguro.

O custo do evento será de 1 euro por temas de seguro (debido á obrigatoriedade de contratar un seguro de accidentes).
Lembra que no capítulo dedicado ao deporte incorpóranse tres modificacións na Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia. Na primeira, establécese no ámbito da propia lei o seguro de accidentes deportivos, co fin de dotar das maiores garantías aos participantes dos eventos deportivos.

CAPÍTULO VI
DEPORTES
Artigo 23. Asistencia sanitaria nos eventos deportivos
Un. Modifícase o párrafo cuarto do artigo 22 da Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia, que queda redactado como segue:
«O título de inscrición e participación nestes eventos debe indicar o réxime de dereitos e deberes e as condicións que se deben cumprir para a participación. O organizador deberá contemplar necesariamente a asistencia sanitaria dos participantes no evento, para o suposto de accidente deportivo, mediante a suscrición do correspondente seguro».
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151231/AnuncioC3B0-281215-0002_es.html

Saúdiños.

Xosé Antón de la Fuente Subiela

www.fedanpas.org
www.anpasgalegas.org


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan