POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

20 de set. de 2016

PERÍODOS NON LECTIVOS CURSO 2016-2017

Informacion do cole (deixamos o enlace a web do cole):

Segundo a Orde do 7 de xuño de 2016 (DOG do 15 de xuño de 2016) establécese:

1. PERÍODOS DE VACACIÓNS:

 NADAL: desde o día 22 de decembro de 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive.

 ENTROIDO: días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017.

 SEMANA SANTA: desde o día 10 ata o 17 de abril de 2017, ambos inclusive.

2. DÍAS NON LECTIVOS:

 Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da devandita consellería.

 Días non lectivos solicitados por razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica: 2 de novembro de 2016 e 2 de maio de 2017.

 Establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos o 31 de outubro de 2016.


http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippontebrozos/node/911


Saúdos,
XD;
* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *
ANPA PONTE DOS BROZOS (Arteixo)

Aos efectos do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e da Lei 34/2002,de 11 de Xullo de Servizos da Sociedade da Información e de Correo Electrónico (LSSI), Anpa Ponte dos Brozos garante a confidencialidade dos datos persoais dos seus contactos. Comunicámoslle que a súa dirección de correo electrónico forma parte dunha base de datos xestionada baixo a responsabilidade da Anpa Ponte dos Brozos, coa única finalidade de manterlles informados das nosas actividades, sexa pola súa condición de socio ou porque nos solicitou información nalgún momento, sexa porque vostede autorizou que os seus datos figuren nun ficheiro automatizado.
É vontade da Anpa Ponte dos Brozos evitar o envío deliberado de correo non solicitado, polo cal poderá en todo momento, exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos de carácter persoal por correo ordinario, dirixido a: Anpa Ponte dos Brozos, Apdo 70, 15142, Arteixo (A Coruña) nos termos establecidos na LOPD.
Esta mensaxe diríxese exclusivamente ao seu destinatario e pode conter información privilexiada ou confidencial.
Se vostede non é o destinatario sinalado, informámoslle que calquera divulgación, copia, distribución ou uso dos contidos está prohibida. Se vostede recibiu esta mensaxe por erro, por favor borre o seu contido e comuníquenolo na dirección do remitente o máis axiña posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan