POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

25 de nov. de 2016

Fwd: INFORMACIÓN PARA OS PAIS SOBRE HORARIO DOS SERVIZOS E INFORMACIÓN DE QUEN LLE ENTREGA OS NENOS AO MONITORADO DE COMEDOR


HORARIOS DOS SERVIZOS:

SERVIZO

HORARIO

MADRUGADORES SEN ALMORZO

7:00-9:00 h

MADRUGADORES CON ALMORZO

7:00-8:30 h

XANTAR

14:30-16:00 h

LUDOTECA 1ª HORA

16:00-17:00 h

LUDOTECA 2ª HORA

17:00-18:00 h

MERENDA

18:00-19:30 h


Para garantir o bo funcionamento de cada un deles, rogamos a todos os pais que intenten cumprir ditos horarios. O horario de madrugadores remata ás 9:00 h e o de almorzo ás 8:30 h. Así mesmo, recordamos que os usuarios que estean no comedor despois das 18:00 h pasarán a ser usuarios do servizo de merenda, salvo que os seus pais indicasen que ese día se van a retrasar un pouco en recoller aos nenos.

Informamos tamén que por motivos de seguridade, os únicos alimentos permitidos durante os servizos, son os eleborados pola empresa encargada do catering.


SISTEMA DE ENTREGA DOS NENOS POR PARTE DO CENTRO AO MONITORADO DE COMEDOR.

Segundo marca o Regulamento do CEIP Ponte dos Brozos: 

- O alumnado ata 2º de Educación Primaria, son entregados polos profesores ao monitorado de comedor. Os pais deben indicarlle ao profesor que o neno vai a facer uso do servizo de xantar, para que estes os poidan poñer na fila de comedor. 

- O alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria acudirá pola súa propia conta ao punto de encontro co monitorado de comedor. Non son entregados polos profesores. Esto é así, porque o regulamento do centro recolle que estes alumnos poderán  saír sós do recinto escolar, coa excepción de aqueles      alumnos/as dos que os seus titores legais manifestasen mediante autorización escrita, que o alumno será recollido por persoas autorizadas, en este caso o alumno deberá permanecer no centro ata que o recollan.

Indicar que si un neno de 3º a 6ª de EP non acude ao punto de encontro, nin o Anpa, nin os monitores de comedor teñen forma de saber si ese neno asistiu ou non a clase, si tivo que marchar para a casa por estar enfermo, ou si finalmente seus pais decidiron recollelo e que non asistise a comedor. Debido á gran cantidade de alumnos que ten o centro, non é viable que este lle facilite ao Anpa un listado diario dos alumnos que non asisten, ou teñen que abandonar as aulas por algún motivo.




Saúdos,
Xunta directiva;
* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *
ANPA PONTE DOS BROZOS (Arteixo)

Aos efectos do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e da Lei 34/2002,de 11 de Xullo de Servizos da Sociedade da Información e de Correo Electrónico (LSSI), Anpa Ponte dos Brozos garante a confidencialidade dos datos persoais dos seus contactos. Comunicámoslle que a súa dirección de correo electrónico forma parte dunha base de datos xestionada baixo a responsabilidade da Anpa Ponte dos Brozos, coa única finalidade de manterlles informados das nosas actividades, sexa pola súa condición de socio ou porque nos solicitou información nalgún momento, sexa porque vostede autorizou que os seus datos figuren nun ficheiro automatizado.
É vontade da Anpa Ponte dos Brozos evitar o envío deliberado de correo non solicitado, polo cal poderá en todo momento, exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos de carácter persoal por correo ordinario, dirixido a: Anpa Ponte dos Brozos, Apdo 70, 15142, Arteixo (A Coruña) nos termos establecidos na LOPD.
Esta mensaxe diríxese exclusivamente ao seu destinatario e pode conter información privilexiada ou confidencial.
Se vostede non é o destinatario sinalado, informámoslle que calquera divulgación, copia, distribución ou uso dos contidos está prohibida. Se vostede recibiu esta mensaxe por erro, por favor borre o seu contido e comuníquenolo na dirección do remitente o máis axiña posible.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan