POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

2 de set. de 2020

AVISO IMPORTANTE SERVIZOS CONCILIACIÓN 2020/2021

 

Canal ANPA Ponte dos Brozos:
Envíamos un mail a todolas solicitudes de servizos de conciliación. Por favor, mirade os vosos mails e respondede o mail enviado por nos dende a dirección anpapontedosbrozos@gmail.com
Este é o mail que tiveches que recibir:
Bos días, debido ás circunstancias excepcionais que estamos a vivir e para sacar unha listaxe o máis aproximada á realidade para poder organizar correctamente os servizos, rogamos a todos os socios nos envíen un mail confirmando se seguen mantendo os servizos solicitados en xullo. Para axilizar rogamos inclúan no mail os seguintes datos:
-Nome e apelidos do usuario:
-Nivel educativo: Ed. Inicial ou Educación Primaria.
-Curso:
-Servizos que solicita: madruga con almorzo, comedor, ludoteca...
-Modalidade e días: habitual, concreto, esporádico.
Trátase de ter a información máis certeira posible para poder organizar o monitorado, medidas de seguridade,...xa que como todos sabemos este ano o comezo do curso vai acompañado de medidas a maiores, por eso rogamos nos respondan á maior brevedade e coa maior precisión que poidan, aínda que sabemos que moitos pais están pendentes de modificacións nos seus traballos.
Perdoen as molestias ocasionadas e moitas grazas pola súa colaboración.
Un saúdo.
* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *
ANPA PONTE DOS BROZOS (Arteixo)
anpapontedosbrozos@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan