POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

14 de xuño de 2022

APERTURA PRAZO DE INSCRICIÓN CURSO 2022-2023 EN COMEDOR, MADRUGADORES, LUDOTECA,.....

Bos días, comunicamos a todos os socios a apertura do prazo de inscrición para os servizos de conciliación (madrugadores, comedor, ludoteca, cambiadores,..).

Enlace documentos: (clickar aquí para descarregar)

A inscricción constará de dúas partes: (é imprescindible realizar as dúas fases para que a inscrición sexa válida)

1ª FASE- Pagar as cotas de socio e seguro e enviar toda a documentación solicitada ó mail da Anpa.

2ª FASE- Facer a inscricción na app colechef segundo se indicará unha vez finalizada a primeira fase de inscrición e NUNCA ANTES (enviaremos un mail despois do 30 de Xuño avisando do prazo e pasos a seguir para facer a inscrición pola APP COLECHEF).


1ª FASE DE INSCRICIÓN:

DATA DE INSCRICCIÓN: DO LUNS 20 DE XUÑO AO XOVES 30 DE XUÑO DE 2022 ás 14:00 HORAS (todas as inscricións E PAGOS que se fagan fóra desas datas quedarán en lista de agarda).

Para facer a inscrición será necesario seguir as instruccións que enviamos no díptico:

1- Pagar a cota de socio=15 € A NOME DO TUTOR DE CONTACTO COA ANPA.

2- Pagar a cota de seguro=5 € A NOME DO NENO/A.

3- Cubrir e firmar a ficha de inscrición.

4-Cubrir e firmar a Lei de protección de datos, consentimento de imaxes.

5-Enviar certificado de alerxias dos nenos que  sexan alérxicos ou intolerantes a algún alimento.

6- Enviar sentencias con orde de alonxamento ou que teñan algún requisito especial a ter en conta que afecte á entrega dos nenos nos servizos.

7- Os impresos de autorización para a recollida, saída rápida ou saída sós facilitránse en setembro e entregaranse a papel á encargada do comedor, pero xa iremos avisando como facelo.

Todos os mail serán respondidos cun "recibido" cando sexan leídos. Se alguén non recibe resposta despois do 30/06 que se poña en contacto con nós.


Adxuntamos os impresos a cubrir e no Díptico van os números de conta onde facer os ingresos da cota de socio e do seguro que se deben enviar xunto cos demáis impresos solicitados á seguinte dirección de correo eléctrónico do luns 20 de Xuño ata Xoves 30 de Xuño ás 14:00 horas:

anpapontedosbrozos@gmail.com


PREZOS DOS SERVIZOS DE CONCILIACIÓN:
SERVIZOPREZO HABITUALPREZO DÍA ESPORÁDICO
MADRUGADORES CON ALMORZO2,73 €/DÍA3,33 €/DÍA
MADRUGADORES SEN ALMORZO1,75 €/DÍA2,13 €/DÍA
COMEDOR4,76 €/DÍA5,91 €/DÍA
LUDOTECA 1H1,10 €/DÍA1,33 €/DÍA
LUDOTECA 2H1,10 €/DÍA1,33€/DÍA
MERENDA2,13 €/DÍA2,62 €/DÍA
CAMBIADORES 
COTA FIXA MES5,90 €
PREZO POR INTERVENCIÓN2,41 €/MES



O horario da oficina da Anpa a partir do 20 de Xuño será de 09:30-14:30 horas de luns a xoves. A inscrición faráse de forma dixital, a atención presencial sólo se fará en casos especiais e sempre con cita previa.

O teléfono de contacto da Anpa é o 981 641 797 no horario de apertura establecido. 

Rogamos lean con calma ás instruccións para facer a inscricción para evitar posibles erros na mesma.


Un saúdo e grazas pola colaboración.

Xunta Directiva Anpa Ponte dos Brozos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan