POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

20 de maio de 2011

TICs

Define TICs.
Non hai dia que non o escoites ou leas aquí ou alo.
Tecnoloxías da información e da comunicación: agrupan os elementos e as técnicas utilizadas no tratamiento e na transmisión das informacións, principalmente da informática, internet e telecomunicacións.
Telefonía, ordenadores, internet, televisión, correo electrónico, redes, etc, etc, etc.
A nos igual interésannos máis que nada as aplicacións que ten todo isto á actividade humana en xeral, e especificamente no eido da educación.
Para os que xa temos uns poucos anos no lombo, xa hai quen nos chama maiores, algunhas destas cousas son como pouco un misterio.
Entón, imos falar con xente que entende do tema, e nos irán contando cousas interesantes. De uso común e cotián, e por descontado, do que poidamos usar para saber algo do que os nosos fillos na maioría dos casos nos dan vinte, trinta, cuarenta.... voltas.
Noutros terreos máis tradicionais igual sabemos como responder axeitadamente en orde a establecer normas, pautas e límites, pero neste eido, case que non, non si?

Imos partir de algo. Os ordenadores (por extensión calquera outro aparato de base electrónica e ou informática) son tontos. So saben facer o que nos lles decimos que faigan.
Perigo: Esta máquina non ten cerebro. Use o seu.

Son ferramentas, medios, nunca fins en si mesmos. Mirémonos ao espello, antes de mirar como van vestidos os demáis. Igual tiñamos que pedir á ONU que declarara o dia mundial sen TICs, para que o persoal volverá a pasear e recoñecer a realidade. Ou estamos en Matrix?.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan