POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

21 de maio de 2011

Actividades Deportivas Extraescolares

O coordinador de actividades deportivas extraescolares, fíxonos chegar a seguinte información, que vos transmitimos para a súa mellor difusión.


1º. XORNADAS DE PORTAS ABERTAS:

Informamosvos dás próximas “Xornadas de Portas Abertas”, que se desenrolarán os días 13 ao 17 de Xuño, durante estas xornadas  todos os pais-titores dos nenos que participan nás Actividades  Deportivas Extraescolares poden asistir as actividades e participar activamente  nás mesmas.
Para elo será necesario: Informar ao monitor dá asistencia a actividade, de forma que se poidan establecer quendas de participación. Asistir coa indumentaria axeitada para a actividade que se vai realizar e informarse previamente dos contidos dá actividade na que se desexa participar.
                                                           
2º. BOLETÍN INFORMATIVO:

Ao longo dás vindeiras semanas os “deportistas” recibirán o derradeiro  boletín informativo do curso, no cal valóranse os progresos dos participantes así como a súa actitude hacia a actividade e hacia os compañeiros. Trátase dun boletín informativo para os pais-titores, sen valor académico, polo cal non debe ser devolto aos monitores.

3º. XORNADA DE CONVIVENCIA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Terá lugar o 20 de xuño en horario de 17:00-20:00, na  zona deportiva da Avenida Arsenio Iglesias no campo de fútbol de herba artificial (Arteixo).

4º. FIN DE CURSO:

Coincidindo con fin do curso escolar o  último día de actividades deportivas  extraescolares será o mércores 22 de xuño, deste xeito despedímonos deica o vindeiro curso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan

Síguenos por correo-e