POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

30 de maio de 2011

A ASOCIACIÓN POR DENTRO

Ás veces temos a sensación de que nos miran de esgallo. Peixes raros. Aos que estamos exercendo cargos  de representación na Xunta Directiva (XD), digo. Seguro que aparte das típicas ideas circulantes nos patios e parques, sobre os inexcrutables beneficios de formar parte da elite directiva da Asociación, moitos nen sabedes quenes somos, a que nos dedicamos ou tan siquera como nos puxeron os nosos proxenitores. Información non necesariamente relevante salvo a última quizais.

Porsiaca, imos facer as presentacións:

Camilo, Presidente
Silvia, Vicepresidenta
Begoña, Tesoureira
Heriberto, Secretario
Victoria, Vocal e
Inma, Vocal.

Somos nais e pais, traballadores, na casa e fora da casa (bon, fora, as veces, que xa sabedes como esta isto). E aquí estamos exercendo ambos aspectos vitais.
E sen coñecermonos previamente, salvo esporádicos saúdos ou pequenas conversacións rituais, un dia respondimos á petición urxente de formar parte dunha XD necesitada de forza de traballo.
Cada un somos de nosa nai e de noso pai, pero estando xuntos, falando sobre isto e aquilo, debatindo para tomar decisións necesarias, descubrimos que compartimos máis cousas das que sospeitabamos (cantas veces nos pasa isto os seres humáns…)
Fundamentalmente a idea de levar á Asociación adiante, traballar, informar e buscar novos retos.
Niso estamos. Esta Anpa ten historia, inscribiuse como tal (daquela como APA), no ano 78 do pasado século, a pouco de que as Asociacións existisen legalmente, uns poucos anos despois do pasamento de Franco. 
Temos pendente unha reforma de estatutos,  proposta na Asemblea pola anterior XD, nos que intentaremos definir para os próximos anos como levar e hacia onde a Asociación.
Necesitaremos, nisto especificamente, o voso apoio. En todo o demáis tamén, claro.
Poida que vos plantexemos algunha cousa de carácter lúdico pero sobre todo imos traballar para tratar de propoñer solucións a necesidades, ser activamente vixiantes en todo o que afecte aos nenos e nenas, e no seu caso reclamar e reivindicar en nome de todos. E ademáis, se nos deixades, intentar ser un pouco remexedores de pensamento, sentimento e espíritu.
Partimos de que estamos aprendendo dende o segundo un ata á última milésima do que nos toca vivir. Traballaremos seguindo esta premisa.
E neste espazo, imos procurar ir explicando que funcións ten cada un e como exercemos os nosos cargos, e como se traballa na XD e na Asociación para levar adiante calquera proxecto e os servizos que organiza.

Un saúdo.
XD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan