POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

30 de maio de 2011

LIBROS, LIBROS, LIBROS, MÁIS LIBROS POR FAVOR

Coma en todo, os nenos fan o que miran nos seus.
E cando falamos dos seus, referímonos á xente ca que pasan máis tempo normalmente, os pais, os avos, os mestres, os nenos da súa veciñanza, da súa clase,...
Igual destes últimos aprenderán outras cousas (veciños e compañeiros), e dos profesionais do ensino moito máis de saber, coñecementos, habelencias...
Se contamos coa idea de que á aprendizaxe de comportamentos prodúcese sobre todo en relacións máis de bis a bis, papa, mama, e/ou as persoas coas que os nenos teñen esa especial relación, convertímonos en prescriptores.
Vaia roio. Resumindo, imitan comportamentos dos que son os seus ídolos inicialmente. Se te ven ler, lerán. Libros, diso falamos. O Marca e outro tema....
Din as estatísticas que non andamos moi alo os españois no ranking lector europeo, e non será porque non haxa oferta. Específicamente temos a impresión de que a producción literaria en galego e/ou en Galiza no último decenio non ten parangón histórico (e o teatro, a música, o cine,...). E literatura en castelán, orixinariamente ou traducida, nova ou antiga, hai para construir unha cidade cultural.
Entón, non hai discusión, en papel ou en pantalla (que os mundos avanzan que é unha barbaridade) hai que ler máis. Xa que somos campeóns do mundo en algunhas cousas menos transcendentes igual podíamos ser nesta tamén.
Queremos logo dar pistas, se nolo permitides, máis que recomendacións, compartir impresións sobre libros que lemos ou estamos lendo.
E como todo neste blog, de dentro afora e de fora a dentro.
Para empezar, na web do colexio tendes un enlace á biblioteca con algunhas recomendacións e comentarios:
Biblioteca

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan