POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

8 de xuño de 2011

AXUDAS COMPRA LIBROS DE TEXTO

Ata o 30 de xuño pódense solicitar á Consellería de Educación, axudas para a adquisición de libros de texto, para os cursos 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e 1º e 3º de ESO, e tamén para educación especial. Excluidos os repetidores de 5º e 6º.

Para o resto dos cursos, manterase o sistema de préstamo de libros usados, salvo que cambien de lingua de impartición. No noso centro, poderían solicitarse para non repetidores de 3º e 4º, só para o de matemáticas.

É condición imprescindible para acceder ás axudas ter unha renda per cápita inferior a 9.000 euros. Falamos de dividir os ingresos indicados na declaración da renda polo número de membros da familia. Se a cifra resultante e inferior a esa cantidade, pódese optar á axuda. Ollo, na orde indícase que o cálculo se fai sobre a renda do 2009. Para os efectos do cálculo se computarán os ingresos de todos os membros da unidade familiar, recollidos nos recadros 455 (base impoñible xeral) e a 465 (base impoñible do aforro) da declaración.

Importante: hai que presentar unha solicitude por alumno. Teredes que presentar tantas como nenos/as teñades nos cursos indicados.

Documentación a presentar: Fotocopia do Libro de Familia (e o orixinal para cotexar), que inclua as follas onde aparecen todos os membros, o impreso de solicitude cuberto e asinado por todos os membros da familia que declaren ingresos, nai, pai,… (Anexo I), e se existe algunha discapacidade tamén a documentación acreditativa. Lembrade sempre que presentedes algún impreso (neste caso do Anexo I xa cuberto) en calquera lugar, levade unha copia para que a selen co rexistro de entrada.

Onde: Na secretaría do colexio. Se levades a documentación preparada e completa, facilitaredes o seu traballo e a xestión da solicitude.

Segundo a orde da convocatoria, este é o baremo de axudas para primaria (casos especiais aparte):

Familias monoparentais:
Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 170 €.
Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 90 €.

Resto das familias:
Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 170 €.
Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 90 €.

Unha vez aceptada polo sistema de xestión a solicitude, este emitirá un vale polo importe correspondente, que unha vez selado polo centro e asinado polo director, será entregado á persoa solicitante, que poderá empregalo para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico complementario, tal e como se indica na mesma orde, nas librerías inscritas no procedemento.

A solicitude de axudas implica a autorización explícita para a comprobación dos datos económicos e familiares consignados.

anexo I

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan