POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

8 de xuño de 2011

XORNADA 18XÑ


Debido á másiva petición de nais e pais que ou ben non se enteraron ou ben non lles deu tempo, ampliamos o prazo de inscripción para a Xornada de Convivencia do sábado 18 de xuño (18XÑ) ata o venres dia 10 de xuño inclusive.

E recollendo comentarios de distintos sectores, abrimos tamén a participación a familias non socias da Anpa. No caso de que queiran quedar ao xantar, deberán aboar o importe do menú que compartiremos, por un montante de 4,50 euros por persona.

A folla de inscripción pódese recoller e devolver unha vez cuberta no comedor a Eva, ou ben podedes inscribirvos enviando un correo electrónico a


indicando nome e apelidos dos adultos participantes, e nome, apelidos e idade dos menores (moi importante para artellar as atencións pertinentes). As familias non socias, ademáis de entregar a ficha de participación ou facer a inscripción por correo-e, terían que facer o ingreso do importe total dos menús na conta da Asociación no Banco Etcheverría, indicando no concepto Xornada 18XÑ, e o nome e apelidos dun dos adultos inscritos. Prazo para ingresar: ata o 15 de xuño inclusive.

Contaremos coa presenza de Jose Luis González, en representación da comunidade O Noso Tempo, que nos falará do traballo que levan desenvolvido este curso, con Rosa Mª  Moreiras, especialista en Pedagoxía Terapeútica (PT) e Educadora Social no colexio, Teresa P. Gantes, tamén especialista en PT e que exerce no centro en atención a transtornos de conducta , Margarita González, especialista en audición e linguaxe e con Javier Díaz, mestre e Director  do Ponte dos Brozos, que tentarán explicarnos concisamente diversos aspectos da actividade que levaron adiante este curso. En función da cantidade de participantes, organizaremos grupos de traballo/conversa ou ben propoñeremos coloquios abertos sobre os temas tratados e/ou os que xurdan.

Despois do xantar comunitario, e xa en exclusiva para os socios/as, falaremos da reforma dos estatutos na que estamos a traballar.

Haberá servizo de atención para os nenos,  dende as 10 hs ata o remate da Xornada alo polas 17 hs, con actividades de lecer no exterior se o tempo acompaña ou nun dos pavillóns se non é posible facelo baixo o ceo azul.

E algún dia, cando pase o tempo, os nenos e nenas polos que estamos metidos neste aprender constante, contarán na trixesimoséptima xornada, xa convertida en Congreso Interestelar, que seus pais estiveron na primeira alo polo mes de San Xoan de dousmilonce.

Entregaránse Diplomas Acreditativos de Participación.

Saúdos,

A XD.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan