Xastamos de volta do verán. Por dicir algo. Seica en todas
partes da pel de touro, e alen dos mares, nas illas de aquí e acola, tiveron o
sol de compañeiro permanente.
Os que ficamos na terra ártabra, sabemos o que é por
referencias.
E despois dun verán de alpedues económicos, convocatorias
electorais con truco, fames lonxanas que vemos nas teles dos chiringuitos,
guerras que aparecen e desaparecen, mortes infantis e fimininas sen sentido,
visitas vaticanas con multitudinarias masas efervescentes, campeonatos con
belisco clarificador,… imos arrincar o novo curso con recurtes seguros e folgas
posibles.
Haberá que porse as pilas para afrontar o que se nos ven
enriba. E retomar os camiños que iniciamos no anterior.
A economía restrictiva impón, aínda máis do que é común, o
control do gasto, a adecuación dos presupostos e a loita impenitente contra os
debedores sistemáticos. Parece que a
Consellería tamén anda niso, e se eliminar prazas, unidades ou servizos, pechar
comedores ou non ofrecer máis prestacións, son cousas coas que non podemos
estar dacordo, que pensen en non permitir o acceso aos usuarios que non están
ao dia nos pagos parécenos simplemente de recibo. Debedores. A todo
isto, son uns copións.
Os ventos de renovación democrática que comezaron a soprar
no 15M, que algúns poñen en dúbida, quizais porque non están ao tanto do que se
está a facer a nivel local (asembleas temáticas, economía social, ecoloxía,
accións reivindicativas, publicacións, blogs, hortas comunais,…), reclámannos
que continuemos co noso propio proceso de renovación estatutaria cara a definir
como queremos que sexa a Asociación nos vindeiros anos. Xa vedes, tamén
empezamos antes, máis copións. E igual a buscar o que nos poidan ensinar estes
grupos activos sobre o que se pode levar adiante cara o futuro.
E comezamos a andaina desta XD, en palabras de Camilo,
falando de incrementar a densidade de información (cantidade e calidade) entre
a directiva e todos os socios. Estamos traballando na mellora e crecemento do
blog e, como moitos dos socios non teñen acceso regular á rede, na edición
dunha chamádelle revista, boletín ou como vos pete, que poida chegar a todo o
persoal, inclusive fora da asociación.
Para todo isto, e máis, imos seguir traballando, pero
necesitamos tamén o voso apoio, colaboración e complicidade. Tentaremos con
cada movemento de ficha gañar o interese de todas e incitarvos a que vos
impliquedes e aportedes o voso grao de millo.
Temos ademáis un reto pendente. O que nos lanzou na
convivencia de familias o Mestre Maior de establecer e desenvolver un proxecto
de comunidade educativa, que lle de continuidade ao traballo de estes últimos
anos en educación para nais e pais. Sería bo crear unha comisión ou grupo que
comezara a traballar na elaboración de propostas neste senso.
Queremos seguir aprendendo. Entre nós, con vos e sobre todo
con eles. Xa sabedes de quen falamos. Imos ser quen de aprender das nosas
fillas, dos nosos fillos? Malo senon é asi. Son o presente, son o futuro.
Saúdos,
XD.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.