VALES DE AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO
Continuando co proceso do programa de gratuidade, xa se poden recoller os vales das axudas para a adquisición de libros de texto e material, na secretaría do colexio.
Datas: Do 11 ao 29 de xullo e despois do 1 de setembro.
Horario:
- En xullo de 10 a 12 h.
- En setembro de 9:30 a 12:30 h.
No caso de non poder recollelo a persoa que fixo a solicitude, poderá facelo outra persoa coa correspondente autorización.
TRANSPORTE ESCOLAR (Autorizacións excepcionais)
Está aberto o prazo para a entrega de solicitudes de autorizacións de uso de carácter excepcional para as seguintes paradas:
- Liña 2: Centro de saúde
- Liña 3: Bloquera
- Liña 4: Catuxa de Abaixo, Catuxa de Arriba, Urbanización Baer
É importante que todos os posibles usuarios faigan esta solicitude. De non ser asi, serviríamos en bandexa a argumentación da inutilidade do servizo. Facede o posible por difundir esta información entre os afectados. Para demostrar a necesidade de manter as paradas non hai outro camiño que facelo colectivamente.
Petición Paradas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.