POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

21 de set. de 2011

PERIODO DE ADAPTACIÓN E SERVIZO CAMBIADORES

Lembramos que temos operativa a recepción nas instalacións anexas ao comedor das nenas e dos nenos que están no período de adaptación, no inicio da Educación Infantil, para os inscritos como usuarios dos servizos de conciliación. Este é un servizo que adoitamos ofrecer de balde neses primeiros dias de intensa emoción materno-paterno-filial. A intención é que siga sendo así, salvo que teñamos que incorporar máis persoal para a atención.

O servizo funciona en réxime de custodia, cubrindo os tempos nos que non están en clase, ben seña nas primeiras horas ou nas últimas do horario escolar completo. E as nenas e nenos están nas sabias e experimentadas mans de algún membro do mesmo persoal que atende o resto dos servizos ao longo do dia, cunha rutina de actividade lúdica.

No que atinxe ao servizo de cambiadores, para atender a demanda que rexurdiu dun comentario no blog -tomade nota-, temos xa a unha das monitoras ocupándose del. Está de maña, desque remata a quenda de almorzos e gardería, entre as 9:30 e as 14:00 hs. Para apuntarvos a este servizo tendes que ser socios da Anpa e:

1.- Levar ás instalacións do comedor unha muda para o neno ou nena. Cando se use, haberá que repoñela, lóxicamente.
2.- Cubrir unha pequena ficha que vos facilitará a monitora, cos vosos datos, e os do neno/a, incluindo indispensablemente a clase na que está.
3.- Senon o fixéchedes no seu momento, asinar a  autorización para poder cambiarlles a muda, e/ou a documentación de domiciliación.

Como funciona: A monitora encargada chámase Fina. Segundo o protocolo establecido no centro, cando un neno ou nena teña un accidente deste tipo, se poñerán directamente en contacto con vós para avisarvos. Se estades inscritos para o servizo, só tendes que chamar ao número de teléfono indicado* e ela acodirá a recoller e mudar ao neno ou nena. Para ser usuarios deste servizo, é preciso ser socios da asociación, non hai que pagar o seguro, e entendemos dende a XD que tampouco a fianza, que foi decidida en Asemblea para os servizos que estaban vinculados co comedor e ludoteca, e existían nese momento.

O importe que cada usuario terá que pagar mensualmente, que se liquidará do mesmo xeito que os outros servizos, despois do dia 10 do mes seguinte, dependerá da cantidade de socios que se apunten. No caso de que non haxa alomenos 20 inscritos, deixaríamos de ofrecer o servizo. Os custes non serían asumibles. Neste sentido, aínda que en calquera momento do ano e posible apuntarse para calquera dos servizos que xestiona a Anpa, establecemos un prazo inicial para inscribirse neste servizo en concreto, que rematará o venres 30 de setembro. A previsión é que de superar dita cantidade de inscritos, o importe mensual non supere os 10 euros por neno/a. En todo caso comunicaremos aos interesados o importe resultante.

Para calquera dúbida, aclaración ou suxerencia, xa sabedes onde atoparnos.

*O número figura na nota de entrega da muda que se vos facilitará ao levala.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan