Lembramos que para poder acceder ao servizo, temos que ter no noso poder anteriormente os documentos requeridos: ficha de inscripción e autorizacións cubertas, asinadas e datadas, e as copias dos documentos de ingreso da cota de socio, e no seu caso do seguro do comedor e fianza (esta última só para novos/as usarios/as).
Seguindo coa idea que plantexamos no curso anterior, temos liberado á xefa de monitoras de labouras administrativas vinculadas á integración na Asociación. Ela e as súas compañeiras e o persoal de cociña, teñen traballo dabondo -especialmente nos primeiros dias- como para ter ademáis que asumir algo que non lles corresponde. O que queremos é que se adiquen ao seu: coidar e atender aos nenos e nenas usuarias dos diversos servizos de conciliación. No comedor NON se recolle a documentación.
O xoves 8 e o venres 9, estaremos no local como xa indicamos de 17 a 19 hs.....
O local está abaixo, no pavillón de infantil, e o acceso é polo último portalón antes da escola infantil.
A documentación precisa para integrarse na Asociación e solicitar o uso dos servizos está a disposición pública no blog dende finais de xullo. E dende ese momento foi posible enviala por correo postal ou electrónico. E temos copias en papel no local para quen poida necesitalas.
Grazas pola colaboración.
Un saúdo,
XD
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.