POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

29/01/2012

II XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE FAMILIAS


O vindeiro sábado, día 4 de febreiro de 2012, a partir das 16:30 e ata ás 18:00 hs, teremos no noso Colexio e para todas as familias que o desexen, unha ocasión de encontro e de relación para conversar sobre aquelas cuestións que teñan interese sobre a mellora da educación das nosas fillas e dos nosos fillos e, seguramente tamén, de reflexión como pais, como nais, ou persoas diante dos tempos que corren.
Contaremos coa presenza de José Luis González, mestre que foi do noso cole e que coordinou, durante os últimos catro anos, grupos de nais e pais ao redor de temas educativos en O Noso Tempo. 
Desexamos a vosa presenza. Tede en conta que haberá monitores para atender ás fillas e aos fillos mentres conversamos e degustamos un café acompañado dalgunha larpeirada.
Atentamente,
A Xunta Directiva da ANPA

3 comentarios:

  1. Hola irei,estou de acordo en todo o que dis, pero moitas veces, dexesas facer cousas que che van quedando atras e por moito que o intentas no se pode, pareceme moi ben, e sempre quise participar, a verdade e que non sabia como, e agora que me dan a oportunidade,teño outras prioridades,que hay más importante que a educación dos nenos?...podersela facilitar, resumiendo, sempre que o traballo o permita e dentro das miñas posibilidades podereis contar conmigo.ceferbem.

    ResponderEliminar
  2. Eu non podo asistir xusto por motivos de traballo y desprazamento, pero se serve de algo, a miña inquedanza máis grande no que a educación e a o centro se refire é o afastados que nos obriga o centro a estar da educación dos nosos fillos. Pálpase unha "guerra fría" entre o centro e os páis, sen que, sobre todo por parte do centro, se faga nada para incentivar a os pais a colaborar co mesmo, e sei que somos moitos os que estaríamos encantados de poder adicar un pouco do noso tempo a dar unha ´man; moi a contra, cando se comenta algo ao equipo directivo, as respostas son cando menos, sorprendentes.
    Sei de centros que sofren exactamente o problema contrario, os pais non queren ou non poden colaborar, pero aquí somos moitos os que sentimos que se nos afasta de forma inxustificada, e creo que a comunidade educativa sen os pais, non é nada, só un sitio onde os prefesores se apañen cos nenos...Non é o centro que foi...Nen de lonxe.

    ResponderEliminar
  3. Ola. De primeiras, recomendar de novo a lectura do tutorial para facer comentarios no blog
    http://anpapontedosbrozos.blogspot.com/search/label/Tutorial
    Principalmente polo que ali mesmo decimos para saber quen fala.
    De segundas, en relación a este último comentario, nos non percibimos tal cousa. De feito temos continua comunicación co centro, e contamos non so coa colaboración, senon co apoio para as iniciativas que se toman dende a Anpa. En concreto para este proxecto que estamos intentando retomar. Pero se ti o percibes asi, gustaríanos saber en máis detalle por qué, e en calquera caso, ofrecémonos como asociación a buscar a comunicación necesaria para conseguir esa colaboración que dis botas en falta. E se non podes nesta movida do sábado, vai contando con que as de ter máis oportunidades....
    Un saúdo.
    Heriberto
    Secretario Anpa.

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan

Síguenos por correo-e