POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

1 de xan. de 2012

NECESIDADES E INTERESES

Os que estivemos seguro que lembramos a pregunta que José Luis nos formulou naquela maña luminosa do 18 de xuño. ¿Cales son as nosas necesidades e cales son os nosos intereses?. A pregunta quedou un pouco no ar, en moitos de nós, e quizais perdemos a oportunidade do momento.
Alí estivemos pouco máis de 30 familias. Na Asociación somos xa a dia de hoxe 215. No colexio quizais sexan algo máis do triplo.

Sabedes que na Asemblea se propuxo a creación de dúas comisións, unha de acción social e outra denominada Comunidade Educativa, que daría continuidade ao traballo que o mesmo Jose Luis González e O Noso Tempo iniciaron no curso anterior. Hai por certo quen dixo na mesma Asemblea que esta segunda comisión perfectamente podería asumir o traballo da primeira.
Pois ben, aparte de unha das membras activas de O Noso Tempo, ninguén se ofreceu para formar parte de dita comisión. Da outra xa nin falamos…. Igual é que non temos esa necesidade ou non nos interesa.

Esta XD pensa que hai unha necesidade compartida con claridade de ofrecer servizos de conciliación, e niso continuamos a traballar. Ter esa necesidade cuberta, e isto vai pola tan repetida frase de “unha asociación é algo máis que un comedor”, para a maioría supón dispoñer de facilidades para poderse ocupar de outras cousas nas que temos interese, ou ben poder atender outras necesidades. E sinxelo, va que si.
Pero tamén entendemos, e asumimos dende un punto de vista ideolóxico/filosófico, que a Asociación  no seu conxunto podería adicarse a outros eidos máis directamente relacionados coa súa participación nos procesos educativos colectivos.
Isto sempre e cando republicanamente exista  necesidade e/ou interese niso por parte dos/as socios/as. Interese e necesidade que se traduzan non só en asistir aos actos desenvolvidos, senón en participar activamente na súa definición, na súa planificación,  na difusión e no compromiso de levalo adiante.
Neste senso, e tendo xa unha proposta de primeira reunión para o martes día 10, pensamos en  considerar este tempo  que queda de Nadal como un período de reflexión onde cada un poida revisar á súa participación, e se cadra ofrecer propostas para traballar no proxecto en base a ese documento que manexamos no 18XÑ e ao que dende a XD na súa cuantificada expresión acertamos a propoñer como bosquexo de programa de actividades.



Se vos peta, un deses dia tranquilos medio de resaca gastronómica, colledes os papeis, sentádesvos a ler pausadamente, e mirade se vos din algo, e se vos provoca algo que dicir.

Todo o que se vos ocorra, podedes facérnolo chegar por correo, postal ou electrónico, metelo no buzón do comedor ou entregárnolo en man a calquera de nós, de agasallo de reis, que neste caso, incluso os que non nos consideramos súbditos de ninguén senón cidadáns poderosos, recibirémolos de moi bo grado.
Con toooodaaaa esa información e comentarios, preparemos a primeira reunión do dia 10 de xaneiro para decidir a que dedicarlle o noso tempo. Ese que nós sacamos de onde podemos para atender ás necesidades e intereses de todos/as. Ese que pedimos de cada un de vos, para este proxecto común, na medida que cada un dispoña.

Para rematar unha afirmación categórica (xastamos coas expresións raras….). Así como fixemos noutros eidos, imos facer con este. O movemento amosase andando. Senón hai un interese manifesto ou unha necesidade declarada do colectivo, adicaremos o noso tempo entregado á Asociación, para as cousas evidentes ou as que entre nós (XD) consideremos urxentes e/ou importantes.
E punto. Total, xa sabedes o que din do 2012…

Por certo, FELIZ ANINOVO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan